Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
Culpa miña

Por Paula Fariña (1º Bac. A)

Carla e Santi queríanse moito, moitísimo. Pero como calquera outro mozo de dezaoito anos ten que decidir que facer coa súa vida, que estudar. Santi marchaba para a capital a formarse para ingresar no corpo de policía, mentres que Carla quedaba en Vigo a estudar dereito. Cinco anos estiveron separados. Cando Santi marchou, decidiron perder todo o contacto para que non fose tan difícil o distanciamento. E ben certo foi que un enfriamento polos celos facilitaron a súa separación, as cousas entre eles cambiaran e moito.

Pasaron os cinco anos, Santi xa era policía e Carla era unha avogada que apuntaba a ter un futuro cheo de éxitos. El volveu en agosto polas festas da vila. Vestiuse informal como un mozo de 23 anos que era. Sabía que se ía atopar con Carla. E así foi. Ela estaba coas súas amigas de sempre e el volveu coa súa panda de amigos. Intercambiaron un par de miradas e sorrisos tímidos ata que, cando xa case estaba rematando a festa, el decidiu falarlle. Semellaba que non estiveron tantos anos separados, que se querían coma sempre.

Ao día seguinte volvéronse ver, así durante toda a semana. Eran oficialmente mozos outra vez. Os seus amigos estaban contentísimos por eles, eran unha parella estupenda e Santi pediría o traslado a Vigo para estar con ela e co seu entorno anterior. Todos os seus amigos, menos un, Xoel. Durante ese verán mantivo unha relación, non moi formal, con Carla e a verdade é que aínda a amaba. Santi non sabía nada, ata que xa entrados en setembro Xoel decidiu contarllo. A súa reacción foi… rara. Pasou polo choro, aceptación, agresividade e finalmente odiando a Carla. Oprimido por todos estes sentimentos volveu a Madrid sen dicirlle nada á rapaza. Pero como Xoel lle contara todo a Santi non ía facer menos con Carla.

Ela quería ir a Madrid a falar con el pero o traballo non llo permitía, iría no Nadal. Chamábao case todas os fins de semana pero Santi ou ben lle colgaba ou xa non lle respondía. O 9 de marzo de 2004 chamouno coma sempre e díxolle que o seguinte luns iría velo.

Eran as 7 da mañá e estaba esperando o tren na estación de Vigo. Iría ata Alcalá de Henares onde el vivía. Cando chegou pasou unha hora esperándoo pero non aparecía… Mandoulle unha mensaxe dicíndolle que non ía ir, que a odiaba e que era a peor. Carla colleu o tren de Alcalá de Henares a Atocha para despois volver a Vigo. Estaba máis que desolada…

Santi viu todo dende a ventá do seu coche que estaba aparcado na beirarrúa de enfronte da praza onde quedaran. Volveu para a súa casa, comeu e durmiu unha sesta. Cando espertou acendeu o televisor e puxo as noticias, ao parecer producírase un atentado en Madrid. Mirou o móbil e tiña 27 chamadas do seu xefe. Producírase un atentado no tren que se dirixía de Alcalá de Henares a Atocha. Carla ía nese tren. Ao parecer quen fixo mal foi el…




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.