Imaxe de cabeceira
Sen categoría
Ollos de aula pecha o curso con artigos moi interesantes

O número 15 de “Ollos de Aula”, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado trae artigos moi acaídos para ler nesta época estival:

Nesta última entrega podemos ler interesantes artigos que responden a preguntas que moitos pais e nais se fan chegada esta época estival. Unha delas respóndea unha persoa coñecida por todos nós, a que foi orientadora no noso centro: Cristina Galdo Leal. Elaborou un interesantísimo artigo arredor da seguinte cuestión: “Pódese recuperar o curso no verán?” 

Mentres que Belén Caballo Villar, profesora da Fac. de Ciencias da Educación da USC; responde a : “Teñen os nenos/as demasiadas vacacións?,  a psicopedagoga Lines Salgado incide en como “Recuperar o suspenso”.

Tamén están as “Cadencias” de Gracia Santórum que nos trae propostas frescas para afrontar as calores estivais. Na contraportada lémbrase que temos unha lingua que, coma os grandes equipos de fútbol do país, é de primeira.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.