Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Este ano volvimos ao CEIP Castelao cos nosos contos para os rapaces de 1º 2º e 3º de primaria. Luis estrenouse como padriño cos nenos e nenas de 1º B, contoulles o conto dun neno que comía libros…

Aida, Eduardo e Laura estiveron na Escola do Cruceiro (pertencente ao CRA) contándolles contos aos pequenos de 3 a 6 anos, actividade que se desenvolve dentro do proxecto RianxoFala na que colaboramos os dous centros xunto co Colexio Brea Segade de Taragoña. Aquí o vídeo:

Por Nerea Lorenzo (2º Bac. B)

“Pois en canto te vexo en fronte“

seméllame que nin sequera Ermíona a ti

te iguala, e compararte a loura Helena

non resulta estraño” (SAFO)

 “Eu estaba tranquila ollándote

porque en ti acababa todo” (LUPE GÓMEZ)

 Moitas noites separan a estas dúas mulleres, moitos séculos entre estes dous poemas, anos que pasan e nos fan reflexionar se realmente cambiamos tanto, se somos tan distintos ás persoas da época clásica. Ben, pois claro que somos distintos, evolucionamos, as veces tamén para ben, e seguimos sendo ó mesmo tempo iguais.

María, Aldara, Aida e Tofik

entrada do IES PerdouroO pasado luns día 28 de abril fomos, o alumnado do noso IES, ao instituto Perdouro de Burela para realizar a actividade do Intercambio que vimos facendo tradicionalmente.

Aquí vos deixamos a nosa crónica (con enlace á gravación do programa de radio feito en directo durante a actividade)

41vk4cmbOPL._SL500_AA300_por Selena Bermúdez (2º Bac. A)

Tras a descuberta de ouro no Ártico produciuse un enorme fenómeno migratorio cara as terras do Norte. Os emigrados precisaban cans para as duras travesías e foi así como Buck, fillo de san bernardo e pastor alemán, rematou secuestrado e levado en contra da súa vontade cara a Alaska e Canadá. A carraxe que a viaxe lle provocou rematou nun duro enfrontamento co “home de xersei vermello” que o domesticou a base de golpe de garrote: esa foi a súa introdución ao reino salvaxe das leis primitivas.

En artigos anteriores xa se foron contando moitos aspectos da visita de Carlos Negro ao noso IES hai uns días, mesmo se puido ver un vídeo no que recitaba un par de poema. Aquí presentámosvos o que foi toda a charla que nos deu. Interesantísima, conxugando a reflexión e o humor:

 Cristina Cambeses e María López (2º Bac. B)

Cheas de nervios e ilusión e nun día tan especial como o Día do libro, decidímonos a entrevistar ao poeta galego Carlos Negro que se achegaba ao centro a presentar a súa última obra.  Esperabamos atopar un prototipo de escritor que para nada tiña que ver co home que nos encontramos: agradable, con bo sentido do humor e moi culto.

CN2Falounos de temas de actualidade, de como as tendencias condicionan a vida de moitos mozos e mozas actuais e achegounos a unha visión minuciosa acerca da saúde da poesía actual e das claves do seu último libro Penúltimas tendencias.

Podedes escoitar toda a conversa que tivo connosco no seguinte vídeo, do que destacamos as numerosas reflexións que nos deixou, en especial chamounos á atención o que nos comentou sobre que as condutas feministas e machistas non teñen que ser asociadas a mulleres e homes respectivamente:

María Domínguez e María Losada

IMG_20140423_104522   IMG_20140423_112253  Hoxe tivemos a inmensa sorte de celebrar o día do libro co poeta Carlos Negro. Presentounos en primicia o seu novo libro de poesía “Penúltimas tendencias” e durante 50 minutos estivemos disfrutando moito cos seus poemas.

786 Artigos |   | 1  |   | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  | 36  | 37  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.