Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Lolita Vicente en Radio Burela

O intercambio Rianxo-Burela do que xa demos debida conta en artigos anteriores, creou vincas moi importantes. Alumnos e alumnas que manteñen contacto, profes que nos sentimos aínda máis unidos do que xa estabamos e colaboracións e proxectos nos que colaboramos.

Dolores Vicente (Lolita), membro activo do ENDL do noso IES en representación do persoal non docente, deixou unha impronta importante nos compañeiros do IES Perdouro que desenvolven o “Proxecto Neo“, que se visibiliza no programa de Radio Burela. No programa número 94.3 podedes escoitar a interesante entrevista que lle fixeron.

Maka Ledo, unha das condutoras do programa, contactou con ela e fíxolle unha entrevista telefónica que segundo se recolle no blog do Proxecto Nero foi  “de ritmo intenso que tivo como protagonista unha muller enérxica. Lolita falounos do seu traballo no servizo de limpeza do instituto durante case 25 anos. Das súas palabras despréndese un profundo amor pola institución en que traballa, a mesma que se encarga da formación académica dos seus parentes e veciños e veciñas.
Ademais de escoitar algo de música, aínda tivemos tempo para falar do uso das redes sociais e da normalización lingüística nos blogues de temática diversa.”

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.