Imaxe de cabeceira
Un equipo de astrónomos da Institución Carnegie e a Universidade de California descubriron un novo planeta fora do Sistema Solar que ten un tamaño similar á Terra e que se atopa nunha zona que podería ser habitable. Trátase do Gliese 581g, e está a uns 20 anos luz. Este vídeo explícao brevemente:

O  martes 13 de decembro o físico e Premio Nobel Sheldon Lee Glashow dará unha conferencia ás 20h no Novo Auditorio Novacaixagalicia en Santiago de Compostela co título: “Unha breve historia da física de partículas”, pola mañá terá unha reunión con investigadores da USC.

O pasado mes de novembro ao longo de tres días, o Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) mantivo as súas portas aberta ao público interesado e a preto de 600 escolares de Santiago

Non se atopou a imaxe: C:\Program Files\xampp\htdocs\cmses\wp/wp-content/uploads/Image/images%281%29.jpg

e a súa comarca.

O obxectivo desta iniciativa era transmitir unha visión actual da química e a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, así como a oferta académica da química na USC. Baixo a denominación de ‘Achégate á Química’, esta é unha acción organizada polo propio CIQUS e a Facultade de Química co gallo do Ano Internacional da Química en 2011.

Un grupo de escolares do IES Pontepedriña puxo o broche ao programa de visitas, que se suman ás sesións de portas abertas nas que durante tres días asistentes de todas as idades se entusiasmaron cos experimentos e demostracións exhibidas, ademais os experimentos e demostracións exhibidas permitiron interesar a un público amplo e heteroxéneo por coñecer máis de preto as particularidades da Química e as súas contribucións ao desenvolvemento global, obxectivo principal do Ano Internacional da Química que se celebra en todo o mundo durante 2011.

As actividades coas que se atoparon os visitantes estaban deseñadas para que calquera persoa, teña ou non coñecementos científicos, poida atopalas interesante e incluso sorprendentes.

PEPE de Vence sentárase a botar unha sesta sentado decontra o palleiro grande, cuberta a cachola e máila cara cun pano, e derriba o sombreiro, caído dende a fronte deica ao mentón. Pepe de Vence era o labrego máis rico do val de Romai, ou polo menos eso se decía a sí mesmo cando iba de camiño ás suas leiras, aos seus prados, ás suas carballeiras, ou aos seus montes co rastro a carregar moido pra as cortes.
      -¡Coido que non hai outro máis rico que eu no val!, decíase en voz alta. ¡Como non haxa algún que se faga pasar por pobre e teña cartos escondidos!
      Naquela sesta tan boa que estaba botando Pepe de Vence, despertouno alguén que lle petaba nas solas dos zocos. Abríu os ollos, e por ver quén era quitou do rostro sombreiro e pano. Era un corvo.
      -¡Vaite, coño!, díxolle Pepe ao corvo. ¡Fai un mes que te atopo en todas partes!
     
-¿E en qué me conoces?
      -¡En que andas medio torto!
      O corvo dixo que sí, pro que non era por imitación e burla de Pepe de Vence, que tamén era un algo esguiado do lado dereito, e ainda se podía decir que coxeaba.
      -¡Non por imitarte, xa que eres o máis rico do val, senón que ando doente!, dixo o corvo. E o andar tras ti, é que me puxo a réxime o médico de Silva. Vaia, non foi o médico. Foi que Xusto Cabaleiro foi ao médico, e eu estaba ouvindo todo. O Xusto ten o estómago desgastado, de tanto porco e tanto viño, e o médico díxolle que tiña que estar un ano a leite, carne da obriga cocida ou bistés á plancha, e si viñan pescantinas á feira de Cadavedo, algo de pescado cocido. Xa che dixen que escoitara todo, e resulta que todo o que lle pasa a Xusto Cabaleiro co seu estómago, pásame a min co meu.
      -¿El é que teño eu que ver con éso? Con Xusto Cabaleiro tiven un pleito por unhas augas e ganeino, e non me volvín a falar con el.
      -Non se trata de Xusto, home, que se trata de min. Chámome Estanislao, pra servirte, e nacín por derriba das tuas xesteiras de Abroso, e toda a vida miña paseina voando sobre as tuas propiedades, e ganando a vida nelas. E como eres o máis rico do val, eres o único que me podes axudar a manter por un ano o réxime pra estómagos desgastados que pon aos doentes o médico de Silva.
      -¡Nin que foras meu pai!, díxolle Pepe de Vence ao corvo.
      -Veño a ti polas boas, Pepiño. Eu sei toda a tua vida, e ónde te ves con Petra, a do peatón, e que levas de mirón ás partidas ao teu sobriño Cosme, pra que faga señas dándoche o naipe do contrario, e que fuches de testigo falso a Lugo no caso dos paus que houbo en Remourelle, e que cobrache vinte pesos e comido e bebido… Podía porme a propalar todas estas faltas tuas, pro son un corvo pacífico que quero sanar o meu estómago.
      Pepe de Vence considerou o caso. O corvo estaba diante del, fraque, envellecido. Despois de todo, nacido por derriba das suas xesteiras de Abroso, e criado e mantido nas suas leiras, era cáseque da sua propiedade, cando non da sua familia. Pra sere o máis rico do val soio lle faltaba ser o dono do corvo Estanislao.
      -Pois cala todo, díxolle Pepe ao corvo, e conta co leite, coa carne da obriga, co bisté á plancha, e si cadra haber peixe fresco, co peixe fresco. ¿E non queres ningún xarabe, nin bicarbonato, nin nada de botica?
      -Nada. Dixo o médico de Silva que abonda cun ano de réxime.
      E así foi que Pepe de Vence iba todos os días a un certo lugar da chousa de Bravos, e deixáballe alí unha cunca vella chea de leite e máis algo de carne ou de peixe ao corvo, quen o agardaba puntual.
      -¡Eres un cristiano compasivo!, díxolle un día o corvo, que non parecía ir pra diante, e ainda estaba cada día máis ensumido e máis fraque, e tamén perdera algo de vista.
      -Si queres uns anteollos, non chos nego, ofreceuse Pepe de Vence.
      -¡Esto váise, Pepiño! ¿Por qué non me trás mañán unhas papas de arroz!
      Ao día seguinte pepe foi tarde a levarlle a parva ao corvo, que tivera un tratante de Meira na casa que viña a mercarlle dous xatos. Cando chegou á chousa, atopou a Estanislao morto, caído a carón da cunca do ieite. Pepe cunha pedra cavoulle sepultura a Estanislao  ao pé dun amieiro, e volveuse pra a casa coa xerra chea de papas de arroz. Requentounas e papounas de merenda.
      Pasaban os días, e Pepe de Vence botaba muito de menos ao corvo Estanislao, procuraba achegarse a outros corvos que andaban picando nos sucos da sementeira, pro nono agardaban. Sentía non ter falado con Estanislao da familia. Ao millor quedáralle algún fillo a quen darlle o pésame, ou unha viuda. Tamén lle pesaba non terlle preguntado por qué se chamaba Estanislao.

Estes son os debuxos que fixeron alguns alumnos e alumnas para ilustrar o texto de Cunqueiro “Marcelino Pardo” máis coñecido como “O gatipedro”

Na sección “a pie de calle” de “La Voz de Santiago” do día  mércores 30 de novembro (San Andrés) sae esta breve reseña sobro o novo libro que acaba de publicar o noso compañeiro e profesor do IES Félix Muriel de Rianxo Don Xosé Manuel Lobato

 

2281 Artigos |   | 1  |   | 210  | 211  | 212  | 213  | 214  | 215  | 216  | 217  | 218  | 219  | 220  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.