Imaxe de cabeceira

O tolo de Wurttemberg, poeta de mirada perdida e pluma esquizofrénica, afirmaba: “Nunca comprendín as palabras dos homes, crecín nos brazos dos deuses”.

"Mar ao norde (1932)"

(1)

SOL:
Cinco fiestras colgadas
da mesma alba rosa:
vivas,
        intactas,
                    núas,
con arelas de mans,
coma espellos de mastros.

SOMBRA:
Cinco fiestras colgadas
da mesma alba turba:
quedas,
           chás,
                  duras,
sin afáns de presencia,
sin afáns de fuxida.

SEMPRE:
Cinco fiestras: soio.

Luz, a profesora de ciclo, leu un poema de Cunqueiro titulado “No niño novo do vento”, que vos deixo aquí abaixo.

 No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

Darémosvos información puntual e diaria sobre as lecturas de profes, alumnos e alumnas, persoal non docente… todo na biblioteca. Comezamos por deixarvos un resumo da actividade e animámosvos a todos e todas a participar.

O noso EDLG vai dedicar este primeiro trimestre do curso e último trimestre do ano 2011 a homenaxear o autor mindoniense cunha serie de actividades. Polo momento estivemos, e aínda estamos, lendo textos en todas as aulas.

Aproveitando que é o ano de Cunqueiro, imos dedicar este trimestre a facer os tradicionais concursos de lectura en voz alta e recitado coa obra de Cunqueiro. Ademais engadimos unha sección nova: concurso de contacontos. Animádevos a participar! Xa vos podedes anotar no local do EDLG.

2277 Artigos |   | 1  |   | 213  | 214  | 215  | 216  | 217  | 218  | 219  | 220  | 221  | 222  | 223  |   | 285  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.