Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Conferencia de Sheldon Lee Glashow

O  martes 13 de decembro o físico e Premio Nobel Sheldon Lee Glashow dará unha conferencia ás 20h no Novo Auditorio Novacaixagalicia en Santiago de Compostela co título: “Unha breve historia da física de partículas”, pola mañá terá unha reunión con investigadores da USC.

Sheldon Lee Glashow ,Premio Nobel de Física en 1979 por contribucións á teoría da interacción electromagnética e débil unificada entre partículas elementais, incluíndo, entre outras, a predición da corrente neutral débil.

 

Só catro tipos de forzas fundamentais son as que rexen o Universo: a gravitatoria, a electromagnética, a forza débil (responsable da radiactividade e dos procesos termonucleares que teñen lugar nas estrelas) e a forza forte (que mantén unidos a protóns e neutróns no núcleo do átomo). Se o Universo é un ente único, é natural concluir que as interaccións fundamentais que o gobernan deben ser, tamén, a expresión dun mecanismo que pode ser unificado.

 Tras a primeira gran unificación da física realizada no século XIX por James Clerk Maxwell, quen demostrou que a electricidade e o magnetismo eran dúas caras dun mesmo fenómeno, Glashow foi quen deu o primeiro paso na dirección de unificar o resto das interaccións. En 1960 construíu un modelo teórico que mostraba que o electromagnetismo de Maxwell e a forza débil, caracterizada por Enrico Fermi, eran en realidade dúas manifestacións dunha única interacción unificada á que chamou electrodébil. Isto pese a que as dúas forzas presentan unha aparencia e intensidade moi distintas. A teoría de Glashow predí a existencia dunha partícula nova, o bosón Z, cuxo descubrimento no CERN, en 1973, constitúe un dos fitos da historia da física.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.