Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Achégate á química

O pasado mes de novembro ao longo de tres días, o Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) mantivo as súas portas aberta ao público interesado e a preto de 600 escolares de Santiago

Non se atopou a imaxe: C:\Program Files\xampp\htdocs\cmses\wp/wp-content/uploads/Image/images%281%29.jpg

e a súa comarca.

O obxectivo desta iniciativa era transmitir unha visión actual da química e a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, así como a oferta académica da química na USC. Baixo a denominación de ‘Achégate á Química’, esta é unha acción organizada polo propio CIQUS e a Facultade de Química co gallo do Ano Internacional da Química en 2011.

Un grupo de escolares do IES Pontepedriña puxo o broche ao programa de visitas, que se suman ás sesións de portas abertas nas que durante tres días asistentes de todas as idades se entusiasmaron cos experimentos e demostracións exhibidas, ademais os experimentos e demostracións exhibidas permitiron interesar a un público amplo e heteroxéneo por coñecer máis de preto as particularidades da Química e as súas contribucións ao desenvolvemento global, obxectivo principal do Ano Internacional da Química que se celebra en todo o mundo durante 2011.

As actividades coas que se atoparon os visitantes estaban deseñadas para que calquera persoa, teña ou non coñecementos científicos, poida atopalas interesante e incluso sorprendentes.

  Á clausura das xornadas asistiron o reitor Juan Casares, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, aos que acompañaron o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González; o decano da Facultade de Química, Ramón Estévez Cabanas; e a directora do CIQUS, Dolores Pérez Meirás




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.