Imaxe de cabeceira

O venres día 28 de setembro 80 alumnos e alumnas do IES Félix Muriel asistimos a unha xincana na vila de Rianxo dentro do programa Percorrendo Arousa Norte. A xincana consistía nunhas probas a realizar que tiñan que ver co patrimonio da Mancomunidade de Arousa Norte e sobre todo de Rianxo

 

Coma cada ano a finais de setembro, tivo lugar, os pasados días, a celebración dun dos eventos culturais de maior envergadura e repercusión de España. O festival cinematográfico de San Sebastián comezou unha nova edición o pasado día 21 de Setembro, e fíxoo celebrando o seu 60º aniversario.

Este programa busca ser unha proposta de dinamización da lingua galega para a mocidade da Arousa Norte a través dunha actividade innovadora que une varios elementos: por unha banda a realización dunha actividade lúdica en galego e por outra o achegamento ao patrimonio da zona a través dun formato diferente, as novas tecnoloxías. Para achegarnos dunha forma lúdica empregaremos unha obra de humor que trata esta cuestión a Guía do autostopista galáctico.
Na obra preséntase a historia de Arthur Dent, que leva unha vida sinxela e tranquila nunha aldeíña. No entanto, o universo prepara un plan faraónico para acabar coa súa tranquilidade: un día, á mañanciña, e xa antes de almorzar, atópase cercado por unha recua de monstros mecánicos amarelos que pretenden explanar a súa casa para que pase por ela unha autoestrada, que non vai levar por diante o seu fogar, senón tamén o resto do planeta.
Que pasaría se na Arousa Norte nos enfrontásemos a esa situación? Que fariamos con todo o noso patrimonio? Como tentariamos salvalo?

Con esta actividade achegámonos á lingua galega dunha forma lúdica, a través de varios formatos (probas de campo, lectura e actividades virtuais) ao tempo que   coñecemos o patrimonio da zona e incrementamos a presenza da lingua galega na internet.

Esta publicación, que vai ter periodicidade mensual, nace coa intención de que desde os centros se faga chegar ás familias en papel. No noso centro imos repartila na reunión de nais e pais do vindeiro luns día 8 de outubro e tamén vai estar dispoñible nas salas de titorías e nos puntos de lectura. Conmo a tarefa de distribución non é moi doada, imos tamén colgala na nosa revista para que poidades botarlle un ollo. Trata temas moi interesantes e escritos, de forma clara e sinxela, por especialistas.

O IV CURSO DE

FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONO LÚDICO vaise celebrar na Illa de Arousa e está centrado especialmente nos xogos tradicionais da costa, así que seguramente sexa do interese de moitos de vós.

Entre outras actividades, os asistentes aprenderán a navegar, con

integrantes da Asociación Cultural Dorna, en embarcacións tradicionais,

entre elas a propia dorna.

Nota para profes: o curso conta coa homologación oficial da Consellería de Educación a todos os efectos.

As prazas son limitadas, así que chamade canto antes!

Para ir poñéndonos ao día, un vídeo que sacaron a final do curso pasado desde o equipo doutro centro

Este é o lipdub do IES A Chapela (Redondela)…  impresionante!

 

Memoria visual e musical do labor realizado ao longo do curso 2011-2012 polo Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua, no IES Félix Muriel

Grazas a todos os alumnos e familiares que axudaron a reunir moitos dos tapóns que serviron para recaudar cartos para Paula.

2281 Artigos |   | 1  |   | 187  | 188  | 189  | 190  | 191  | 192  | 193  | 194  | 195  | 196  | 197  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.