O venres día 28 de setembro 80 alumnos e alumnas do IES Félix Muriel asistimos a unha xincana na vila de Rianxo dentro do programa Percorrendo Arousa Norte. A xincana consistía nunhas probas a realizar que tiñan que ver co patrimonio da Mancomunidade de Arousa Norte e sobre todo de Rianxo
Os profesores e alumnos que participamos na actividade, cun pouco de imaxinación, trasladamos á realidade o argumento principal da novela de Douglas Adams, Guía do autoestopista galáctico. Como actuarías sabendo que a Terra está a punto de desaparecer para sempre?
A primeira proba eran un feixe de preguntas sobre o patrimonio arquitectónico, e prehistórico como por exemplo os petroglifos. Nalgunhas había que dar varias respostas, outras eran bastante fáciles porque tiñan que ver co concello de Rianxo.
Nas seguintes probas tivemos que visistar as casas dos tres escritores máis célebres de Rianxo, e alí recoller tarxetas de preguntas. Canto sabemos realmente destes personaxes tan importantes?
Tivemos tamén que elaborar un monumento de Rianxo en barro e preparar o noso rescate intergaláctico.
Percorrendo Rianxo, xogando e divertíndonos, percatámosnos de que a nosa vila está chea de monumentos, historia e persoeiros impresdindibles
Ao final entregaron un diploma ao equipo gañador da xincana e a todos os participantes un exemplar do libro Guía do autoestopista galáctico, libro que teremos que leer. Se queredes saber máis sobre o proxecto podedes facelo na seguinte dirección
http://percorrendoarousanorte.wordpress.com/
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]