Imaxe de cabeceira

281 expertos de 56 países. Estes datos xa nos dan unha idea da magnitude da reunión que se celebra en Vigo do 5 ao 9 de novembro. O Grupo III do IPCC (Grupo Intergubernamental sobre o Cambio Climático) pertencente á ONU, celebra un congreso para redactar un informe sobre o cambio climático. Non é o primeiro. Dende a creación do IPCC no 1988, véñense elaborando este tipo de traballos. De feito, o de Vigo trátase  do quinto, que se desenvolve dende o 2009 e que non verá a luz ata o 2014.

Dende hoxe día seis de novembro ata o domigo 11, o mundo enteiro, instado polas Nacións Unidas, celebra unhas xornadas que defenden unha maior impliciación da ciencia na paz e no desenvolvemento.

Só uns poucos acadarán a meta… Comeza o pistoletazo de saída no paritorio. Os familiares emocionados preguntarán a vocación do cativo: que vai ser médico, arquitecto ou enxeñeiro? Ai non… Que saíu muller. E de nome, cal vos deron no rexistro? E.562? Éche ben bonito!

Neste mes de novembro no noso centro celebramos o “Mes da Ciencia” e o faremos con distintas actividades, conferencias, exposicións e saídas didácticas.

                           

Aquí vos mostramos a versión dixital, mais sabedes que a temos en papel no centro (nos puntos de lectura, nas salas de recepción de pais, nos taboleiros…) e que mesmo vola mandamos á casa no caso de estardes interesados/as. Esperamos que vos guste.

Cando Juanqui anunciou no mes de outubro a súa retirada, a conmoción do mundo do tenis e do deporte en xeral foi total. Non era unha sorpresa : Juan Carlos tiña xa 32 anos e unha lesión no seu xeonllo dereito que nunca rematara de curar. Pero tratábase dun home que no ano 2003 fora número un do ránking ATP, un xogador que gañara un Roland Garros e fora un dos artífices da consecución de tres Copas Davis, o trofeo máis importante do tenis a nivel de seleccións.

O Concello de Rianxo fai unhas interesantes propostas culturais que terán lugar proximamente na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística:

1.-  OBRADOIRO LITERARIO: "O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades" a cargo de Nerea Pallares
DATAS: 9, 10 e 16 de novembro

LUGAR: Biblioteca Pública Castelao de Rianxo

O obradoiro literario O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades, a cargo a escritora Nerea Pallares, desenvolverase os vindeiros 9 e 10 de novembro na Biblioteca Pública Municipal Castelao. O día 16 de novembro, tamén na BPM Castelao e con carácter aberto, a escritora desenvolverá unha lectura e faladoiro arredor dos seus textos, no que explicará as liñas da súa investigación narrativa, formas do discurso, esencias estéticas e creativas contemporáneas, etc.

Ambas as dúas actividades inscríbese no marco de colaboración entre a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, aproveitando a presenza dos escritores participantes no programa de residencias creativas que esta editorial pon en marcha.

Para inscribirse no obradoiro deberase cubrir unha ficha (pode descargala en www.rianxo,com)  e enviala por correo electrónico a cultura@concelloderianxo,es co asunto obradoiro de Nerea Pallares, antes do 9 de novembro

2.- TEATRO: Nin rico nin pobre (senón todo o contrario) do Cadro Artístico Airiños de Asados
DATAS: sábados 10 e 17 de novembro (2 funcións)
HORA: 21.00 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo

O Cadro Artístico Airiños de Asados do Centro Sociocultural Simón Varela de Asados vai estrear unha nova obra teatral titulada Nin rico nin pobre (senón todo o contrario) .

A estrea terá lugar o próximo sábado 10 de novembro, ás 21 horas, no Auditorio de Rianxo. No fin de semana posterior, concretamente o sábado 17 de novembro á mesma hora, haberá outra función.

A entrada é de balde, e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo das funcións.

3.- CURSO: PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL DA RÍA DE AROUSA

DATAS: 5, 6 e 7 de novembro
HORA: de 9.00 a 14.00 h
 LUGAR: Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

Podes atopar máis información no seguinte enlace: http://www.arousa-norte.es/blog-arousanorte/?p=6734

Ademais  pódense visitar, ata o 10 de novembro, no Centro Sociocultural-Auditorio dúas exposicións:
– Exposición de pintura: Alén da paisaxe. Pinturas da terra de Deli Sánchez
– Exposición de fotografía: Soños de Auga de Helena Villar Janeiro

Para máis información podedes consultar a páxina web do concello: http://www.concelloderianxo.es

A literarura é a arte de todas as artes, iso dicía Mercedes Queixas no seu artigo A hora das letras. Deixando de lado se é verdade ou non, todos sabemos o verdeiro asunto co que nos quere enfrontar a autora: “ A Lingua Galega non progresará se non é co apoio das novas tecnoloxías”.

A favor desta hipótese a autora preséntanos algúns argumentos como, por exemplo, o protagonismo que cobrou o televisor a costa dos libros servíndose da tópica frase de que unha imaxe vale máis que mil palabras.

Na nosa vida cotiá non resulta raro ver persoas pola rúa con mp3, escoitando música, ou rapaces xogando a videoxogos ou, mesmo, vendo un filme.

Porén, por que a literatura non ía servir para ou non se ía servir de estes medios? Aí están os e-book, libros dixitais creados nun espazo multimedia no que cun só clic calquera pode acceder ao significado dunha palabra que non coñece ou buscar un sinónimo da mesma.

No pasado século colocábase a literatura galega na adolescencia. Hoxe podemos falar de que acadou a madureza, pois conta con brillantes escritores e escritoras, recoñecidos incluso a nivel internacional traducíndose as súas obras a numerosos idiomas, e todos eles navegan xa entre as redes virtuais.

Concordo con Mercedes Queixas en que, sen a entrada da lingua nos medios dixitais, esta acabaría sucumbindo.

2281 Artigos |   | 1  |   | 184  | 185  | 186  | 187  | 188  | 189  | 190  | 191  | 192  | 193  | 194  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.