Imaxe de cabeceira

Estimada Rosa Aneiros:
Lin o seu libro de Resistencia, e téñolle que dicir que me gustou moito. Non foi aburrido, nin se puxo pesado como outros libros que se centran máis na Guerra e deixan as historias de amor en segundo plano.
Supoño que non serei a única das súas lectoras que lle din isto, pero principalmente escríbolle para pedirlle que por favor lle faga unha segunda parte a Resistencia. Eu e outras tantas alumnas de 4º de ESO gustaríanos moito que o fixese.
Sabemos máis ou menos como é o final, pero aínda así, temos esa dúbida de se vai para o Pinhal do Rei ou para Brasil.A poder ser, gustaríanos que o reencontro entre Filipa e Dinís fose bonito e apaixonante.
Moitas grazas por prestarme un anaco do seu tempo.
Lucía Ordóñez Iglesias.

En Galicia existe plurilingüismo, pero é o plurilingüismo que queremos?

Como debe ser este plurilingüismo?

Galicia é unha nación cunha identidade e unhas características propias e únicas. É por iso que no terreo musical, non resulte de estrañar que tamén teña un subxénero do Metal propio.

 A semana pasada visitounos o contacontos Celso Fernández Sanmartín.

Reunímonos todos os 2ºs no Salón de Actos, para escoitar e divertirnos moito cos entretidos contos de Celso. A todos nos gustou moito esta actividade, pois con cada  cousa que contaba facia  que botásemos unha carcajada sen fin!
Contounos varios contos, e todos nos gustáron moito. Na miña opinión, Celso é un home moi expontáneo e ocurrente, que con cada historia que conta déixanos ca boca aberta e cos ollos coma pratos. E sobre todo, en cada historia que contou, sempre se atopa unha moralexa, e eso, está moi ben.

O superbuscador cibernético Google, deu o mes pasado a coñecer a súa nova aplicación, un servizo de disco duro en internet “na nube”, é a chamada “Google drive”. Que intenta facer competencia ás aplicacións semellantes doutras organizacións cibernéticas, como pode ser: de Microsoft-> Skydrive; para dispositivos Android, Blackberry, iPhone e Windows Phone ->Dropbox; a proposta de Apple -> Icloud

O pasado 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas, que este ano foi adicado a Valentín Paz Andrade, visitou o noso instituto Serafín Marcos, que nos mostrou máis de cerca o galardonado.

Non é soamente que nos contara cousas importantes da súa vida, senón que ademais fíxoo facéndonos rir, o que implicou que  a aprendizaxe fose entretida, e que nos serviu para coñecer un pouco máis a Paz Andrade.

Non deixedes de escoitalos porque a profesora Begoña Villaverde explica de xdeito moi clariño todos os pormenores do famoso caso Urdangarín. Pero ademais, antes de comezar, deixounos unha mensaxe tamén moi clara sobre a nosa lingua… Só tendes que abrir os vídeos!

 
 Katharina aprendeu galego e tivo o seu primeiro contacto coa nosa lingua na Universidade de Santiago o ano pasado cando veu á universidade compostelá mediante o programa Erasmus.
Katharina decidiu vir sen amigas alemás a Compostela para aprender máis rápido o español e mais o galego. O ano pasado recibía aquí clases particulares de galego e este ano estuda o noso idioma na Universidade alemá de Tubinguen, xa que alí hai lectorado de galego.
Esta moza, igual ca os seus compañeiros do lectorado, dedícalle actualmente catro horas á semana ao galego, dúas a cultura galega e outras dúas de lingua. Comentounos que o noso idioma lle parecía moito máis doce ca o español.

2277 Artigos |   | 1  |   | 190  | 191  | 192  | 193  | 194  | 195  | 196  | 197  | 198  | 199  | 200  |   | 285  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.