Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Seis décadas de Festival Donostiarra

 

Coma cada ano a finais de setembro, tivo lugar, os pasados días, a celebración dun dos eventos culturais de maior envergadura e repercusión de España. O festival cinematográfico de San Sebastián comezou unha nova edición o pasado día 21 de Setembro, e fíxoo celebrando o seu 60º aniversario.

O certame donostiarra é o único de máxima categoría do estado español e dos países de fala hispana así coma un dos máis prestixiosos festivais europeos.

San Sebastián foi o escenario, en máis dunha ocasión, dalgunhas das estreas máis importantes dentro do mundo cinematográfico. “Vértigo” (Vertixe) e “Con la muerte en los talones” (Coa morte nos talóns), dúas das películas máis coñecidas de Alfred Hitchcock, e a estrea europea da saga Star Wars, son algúns exemplos disto.

Na súa 60º edición o Festival continuou apostando pola combinación das grandes estrelas e producións de cine independente, así coma polas obras españolas e latinoamericanas.

Son 18 as longametraxes que este ano optaron a gañar a Cuncha de Ouro, un dos seis premios oficiais que o festival outorga e que premia á mellor película . “Blancanieves”, o filme de Pablo Berger, protagonizado por Maribel Verdú, parecía ser o principal favorito a gañar o recoñecemento. Sen embargo, a película galardoada este ano foi “Dans la maison” de François Ozon.

Macarena García e Katie Cosini recolleron a Cuncha de Prata á mellor actriz por “Blancanieves” e “Foxfire” respectivamente. Fernando Trueba, por “El artista y la modelo”, gañou o recoñecemento á mellor dirección.

Os premios Donostia, creados en 1986, teñen coma obxectivo homenaxear a un actor pola súa traxectoria profesional. Neste 2012 entregáronse varios premios coincidindo co aniversario do festival vasco. O director Oliver Stone e o veterano actor Dustin Hoffman recibiron un Premio Donostia Especial 60 Aniversario. Ademais o actor escocés Ewan McGregor, que se convirte no galardoado máis novo da historia do festival, e os veteranos Tommy Lee Jones e John Travolta foron tamén premiados.

A cerimonia de clausura do 29 de setembro desvelou os demais galardóns e cerrou un ano máis o festival donostiarra.

Durante os 10 días que durou o certame , víronse máis estrelas do cine mundial que nunca en San Sebastián. Quizais moitos deles foran nun comezo pequenos cineastas que festivais coma o de San Sebastián descubriron e impulsaron ata o máis alto.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.