Percorrendo Arousa Norte
Este programa busca ser unha proposta de dinamización da lingua galega para a mocidade da Arousa Norte a través dunha actividade innovadora que une varios elementos: por unha banda a realización dunha actividade lúdica en galego e por outra o achegamento ao patrimonio da zona a través dun formato diferente, as novas tecnoloxías. Para achegarnos dunha forma lúdica empregaremos unha obra de humor que trata esta cuestión a Guía do autostopista galáctico.

Que pasaría se na Arousa Norte nos enfrontásemos a esa situación? Que fariamos con todo o noso patrimonio? Como tentariamos salvalo?
Con esta actividade achegámonos á lingua galega dunha forma lúdica, a través de varios formatos (probas de campo, lectura e actividades virtuais) ao tempo que coñecemos o patrimonio da zona e incrementamos a presenza da lingua galega na internet.
http://percorrendoarousanorte.wordpress.com/
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]