Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Chámanse Cornelius 1960,  é grupo pop procedente de Vilagarcía de Arousa e foi creado no ano 2004 entre uns amigos. O seu estilo mestura rock, funky  e pop e  usan o inglés como idioma nas súas cancións.

Os membros de Cornelius son David Caneda «Chiquillo» (voz), Toni B. Willish (guitarra), Antonio Casado «Abuelo» (guitarra),  Andoni  Arcos (baixo   e coros), José Antonio Vilas (órgano, piano e teclados) e Ton Risco (batería e percusión).

O pasado trimestre estiven nun intercambio cunha familia do sur de Polonia, concretamente de Korczyna, no marco do proxecto Comenius. Agora, para que coñezades algo máis da cultura e costumes polacos, escríbovos un artigo cos pratos máis coñecidos que coñecín alí.

Estamos participando no proxecto  do Equipo de normalizacion Rianxo 2112. O noso traballo consiste en facer  uns vídeos sobre os petróglifos e cando o fomos realizar atopámonos con varias cousas sorprendentes: nos de Asados o acceso estaba moi mal sinalado e cando chegamos a eles non fomos capaces de atopalos nas rochas. Nos de Leiro, os únicos que están catalogados a nivel nacional, o accseso foi imposible xa que o camiño que debería haber non se atopa por ningún lado xa que está cheo de maleza e silvas. Os accesos ós de Brión non están sinalizados e atópanse en mal estado.

Xa redactamos unha carta para enviarlle o concello presentándolles esta situación tan lamentable, e esperamos que se realicen as pertinentes melloras.

Manuel C. Núñez Singala nace o 23 de setiembre de 1963. A Terra Chá é a súa primeira patria. Máis tarde, múdase a Santiago de Compostela onde estuda e traballa. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, desde hai xa bastantes anos, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde o ano 1988, o servizo de Normalización Lingüística.

O Premio Fonseca é un premio internacional anual, creado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago, e baixo o amparo do Programa Conciencia, que intenta recoñecer a capacidade de difusión e a chegada ao público xeral no campo da comunicación da ciencia.

1- Entrega dos premios do concurso de lectura, recitado e contacontos de Cunqueiro.

Tiñamos pendente entregar os vales aos premiados e mais os accésit do concurso que celebramos durante o trimestre pasado.

Cando? O vindeiro mércores día 11 de xaneiro durante o 2º recreo

Onde? Na biblioteca

NOTA: Veremos a gravación que fixeron os da TVG

 

2- Charla sobre as Simplificacións da lingua galega impartida polo responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC Núñez Singala

786 Artigos |   | 1  |   | 53  | 54  | 55  | 56  | 57  | 58  | 59  | 60  | 61  | 62  | 63  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.