Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Traballos de música galega
Cornelius 1960

Chámanse Cornelius 1960,  é grupo pop procedente de Vilagarcía de Arousa e foi creado no ano 2004 entre uns amigos. O seu estilo mestura rock, funky  e pop e  usan o inglés como idioma nas súas cancións.

Os membros de Cornelius son David Caneda «Chiquillo» (voz), Toni B. Willish (guitarra), Antonio Casado «Abuelo» (guitarra),  Andoni  Arcos (baixo   e coros), José Antonio Vilas (órgano, piano e teclados) e Ton Risco (batería e percusión).

 


O seu primeiro disco  denominouse  Greatest Hits  (PAI-Música, 2007).

Para o seu segundo disco «1960»  contaron coa produción de Mick Glossop  (produtor de Van Morrison, Frank Zappa ou Suede)  quen coñeceu a Cornelius 1960 a través do portal MySpace e o enxeñeiro Tatsuya Sato (Madonna, Rihanna, Michael Jackson).

Hoxe en día non é doado innovar, facerse cun son que diferencie seriamente  a un grupo do resto,  e ademais cantando en inglés, o que lles pechou moitas portas, xa que parece que non é comercial e que é máis difícil chegar ao público.

 

No ano 2010 participaron nun disco homenaxe aos Beatles coordinado por Yoko Ono versionando a canción: Drive my car.

Cornelius foi o  encargado de versionar “Happiness”, co que a Compañía CocaCola reforza a súa  mensaxe positiva vinculado á felicidade e aos bos momentos.

 
 

Seguro que pronto veremos como este grupo de amigos chega ao máis alto da música nacional e internacional, fáltalles promoción e sorte porque o resto xa o teñen feito.

 
 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.