Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Como xa fixeron un par de reseñas da devandita publicación, xuntámolas aquí por se non as vistes. Agradecémoslle as palabras a Lucía Seoane no Faro de Vigo, o 22 de marzo pasado, e mais as de Armando Requeixo dous días despois no seu blogue. Esperamos que vos gusten.

O vídeo que presentamos suxire que empeñarnos en que toda a humanidade sexa competente en inglés -ou na lingua máis forte economicamente no momento- non só conduce inevitablemente á desaparición das linguas máis pequenas senón que dificulta o desenvolvemento de potencialidades individuais e colectivas nos territorios lingüisticamente máis débiles, nos que os estudantes deben investir moito tempo e esforzo en demostrar o dominio dunha lingua estranxeira en lugar de desenvolver os seus talentos innatos e perseguir os seus intereses intelectuais. Son palabras pronunciadas por unha muller para quen o inglés non é só lingua materna senón tamén o seu medio de vida.

O pasado luns 16 de xaneiro tivemos na biblioteca do IES un conta contos impartido por Tim Bowley, que se encargaba da historia en inglés e Charo Pita, que facía a tradución simultánea ao galego. Tim e Charo contáronnos aos alumnos de primeiro de bacharelato historias tradicionais, procedentes de lugares como Asia, África… que foron pasadas de xeración en xeración de maneira oral. Entre elas está por exemplo a que explica como os homes e mulleres comezaron a vivir xuntos… A pesar do dominio do inglés de Tim as historias eran facilmente comprensibles grazas, en parte, a tradución simultánea que facía Charo. Grazas as súas historias e a maneira de contárnolas, ambos lograron entreternos e facernos máis amena a tarde de luns.

786 Artigos |   | 1  |   | 51  | 52  | 53  | 54  | 55  | 56  | 57  | 58  | 59  | 60  | 61  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.