Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Premio Fonseca 2011

O Premio Fonseca é un premio internacional anual, creado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago, e baixo o amparo do Programa Conciencia, que intenta recoñecer a capacidade de difusión e a chegada ao público xeral no campo da comunicación da ciencia.

 

 Este ano o galardoado con Premio Fonseca foi: Roger Penrose.
 Roger Penrose (Inglaterra, 1931), é un físico matemático e profesor Emérito de Matemáticas en Oxford. Está altamente considerado polo seu traballo en física matemática, en particular polas súas contribucións a relatividade xeral e a cosmoloxía.
 

Foi elixido membro da Royal Society de Londres, gañou o -Science Book Prize en 1990 e compartiu o Premio Wolf en física con Stephen Hawking en 1988.

En 1958 conseguiu o seu doutorado en Cambrigde escribindo unha tese sobre Métodos tensores en xeometría alxebraica.

 





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.