Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

A sonda Messenger da Nasa descubriu indicios da existencia de auga xeada nos polos de Mercurio. O achazo é sorprendente, xa que as temperaturas na superficie do planeta máis próximo ó Sol, poden superar os 400ºC. Non obstante, algúns cráteres nos polos de Mercurio encóntranse na sombra de maneira permanente, e ese factor convérteos no que os científicos denominan “Trampas de frío”.

Este é o terceiro traballo audiovisual de Luís Aldegunde e Sara Paz sobre o homenaxeado. Con formato de telexornal preséntannos a información básica sobre o autor.

Estes profesores elaboraron tres traballos sobre o homenaxeado polas Letras Galegas deste ano: Valentín Paz Andrade, igual que xa fixeran en anos anteriores sobre Uxío Novoneyra e Lois Pereiro.

O pasado xoves día 12 de abril, o alumnado do IES Félix Muriel tivemos unha conferencia coa profesora da Universidade da Coruña Socorro Castro.

 

Durante esta charla a profesora estívonos a falar sobre a contaminación producida polos automóbiles actuais e da falta de recursos que este planeta vai sufrir en poucos anos se non facemos nada por remedialo.

Déixovos aquí un traballo sobre Brasil que estiven facendo. É un país moi interesante, con moitas cousas que coñecer. Fíxeno en portugués, que é a lingua que se fala alí aínda que non hai problemas para entendelo

O pasado día 15 de abril, na cidade de Ourense, presentouse a traducción do libro máis importante de Eduardo Blanco Amor ao inglés, libro que xa conta con traduccións ao italiano e ao francés.

Á presentación acudiron numerosas persoas; entre eles estiveron o conselleiro de Cultura , Xesús Vázquez ; o director da producción da editorial Galaxia, Xosé Soutollo; o autor da traducción Craig Patterson ;o presidente do Centro PEN de Galicia, Luis González Tosar e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ademais da sobriña-neta de Blanco Amor para falar deste traballo.

Como parte dos Contidos da 2ª Avaliación do Módulo de Lecer e Tempo Libre de Colectivos Específicos as Alumnas de 2º Curso de Atención Sociosanitaria realizamos unha maqueta dunha pequena comunidade a que todas e todos estades convidados a engadir a vosa contribución en forma de maqueta de 40X40 cm.


Na unidade didáctica dedicada á dinamización de grupos traballamos o concepto de comunidade, do que significa e da importancia que ten nas relación interpersonais das persoas. A construción da maqueta serviunos ademais para levar a cabo as prácticas da unidade de expresión plástica. As persoas maiores ou con discapacidades precisan exercitar en moitos casos a súa psicomotricidade e as actividades plásticas son un medio e unha ferramenta moi valiosa para manter habilidades ou rehabilitar determinadas carencias.

Marzo de 2012

786 Artigos |   | 1  |   | 50  | 51  | 52  | 53  | 54  | 55  | 56  | 57  | 58  | 59  | 60  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.