Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Pratos típicos de Polonia.

O pasado trimestre estiven nun intercambio cunha familia do sur de Polonia, concretamente de Korczyna, no marco do proxecto Comenius. Agora, para que coñezades algo máis da cultura e costumes polacos, escríbovos un artigo cos pratos máis coñecidos que coñecín alí.


Un prato moi típico de Polonia son os Pierogi. Os Pierogi son moi parecidos aos raviolis, pero máis grandes; están feitos con fariña, ovos e recheo de patacas, queixo, carne, cebola, froita, repolo ou outros ingredientes. Existen moitas variedades de Pierogi, pero a máis coñecida é a Pierogi Ruskie (pierogi rusos), aínda que son orixinarios de Polonia. Os Pierogi Ruskie están recheos con queixo branco, patacas e cebola e acompañados dunha salsa ou aceite. Outro prato típico é o Bigos considerado o prato nacional do país. Sérvese como prato único e conforme a rexión prepárase con col branca e grande variedade de carne. Por exemplo, nalgunhas rexións prepárase con tomates enteiros ou en pulpa, ou tamén con mel e cogumelos, mentres que en Alta Silesia inclúense no Bigos patacas e mazás. Pode servirse só, dentro dunha gran bóla de pan ou tamén acompañado de patacas e pan de centeno. A tradición di que debe ser servido o día seguinte ao Nadal, o 26 de decembro.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.