Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Food for Thought

O vídeo que presentamos suxire que empeñarnos en que toda a humanidade sexa competente en inglés -ou na lingua máis forte economicamente no momento- non só conduce inevitablemente á desaparición das linguas máis pequenas senón que dificulta o desenvolvemento de potencialidades individuais e colectivas nos territorios lingüisticamente máis débiles, nos que os estudantes deben investir moito tempo e esforzo en demostrar o dominio dunha lingua estranxeira en lugar de desenvolver os seus talentos innatos e perseguir os seus intereses intelectuais. Son palabras pronunciadas por unha muller para quen o inglés non é só lingua materna senón tamén o seu medio de vida.

Se somos tan honestos como esta profesora de inglés no Golfo, non nos será difícil poñer en cuestión o sentido do novo modelo lingüístico que se está a implantar nas nosas escolas, nin tampouco imaxinar a seguinte  escena  traxicómica  que ben podería estar a darse nunha das nosas aulas: debaixo dunha foto dun toxo un  neno ve escrita nun libro de texto a palabra  ”gorse”e  é invitado  pola profesora de Coñecemento do Medio  a ler en voz alta. O neno pronunciaa como “horse” (cabalo en inglés) e  quizais ninguén se ri ,….nin ninguén o corrixe. Ou quizais si que se arma moito barullo e entón ese día todos aprenden a pronunciar “gorse” pero non queda tempo para ver as características dos solos e dos montes galegos.  

Food for Thought—diría un anglófono. Dá que pensar.

 

 

Sobre o vídeo de Patricia Ryan e os noso toxos



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.