Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Contacontos inglés-galego

O pasado luns 16 de xaneiro tivemos na biblioteca do IES un conta contos impartido por Tim Bowley, que se encargaba da historia en inglés e Charo Pita, que facía a tradución simultánea ao galego. Tim e Charo contáronnos aos alumnos de primeiro de bacharelato historias tradicionais, procedentes de lugares como Asia, África… que foron pasadas de xeración en xeración de maneira oral. Entre elas está por exemplo a que explica como os homes e mulleres comezaron a vivir xuntos… A pesar do dominio do inglés de Tim as historias eran facilmente comprensibles grazas, en parte, a tradución simultánea que facía Charo. Grazas as súas historias e a maneira de contárnolas, ambos lograron entreternos e facernos máis amena a tarde de luns.





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.