Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Screenshot_2018-02-05-20-32-41-01Programa nº 14 de RadioRianxo e 3º deste curso escolar que xa podes escoitar coma sempre na páxina de Rianxo Fala.

Os principais contidos:

  • Sección de lectura: “Lendo con…”
  • Saída a Vigo para ver o pergamiño Vindel
  • Reportaxe sobre a participación en “Vindevídeos”
  • Escola de Segundas Oportunidades de Cruz Vermella Española
  • Reportaxe sobre a viaxe a Londres
  • Campaña de recollida de sinaturas para que haxa máis audiovisual en galego

IMG-20180116-WA0000Xa temos na páxina de “Rianxo fala” o segundo programa deste curso, que vén sendo o número 13 da nosa curta traxectoria. Nel temos un pouco de todo, destacan as noticias do IES que tiñamos para dar a semana pasada,  xa que foi de grande actividade. Falamos, entre outras cousas, sobre as charlas da garda civil (e entrevistamos a un dos membros da policía xudicial que se achegou ao centro, do que xa demos conta nun artigo anterior nesta revista), avisamos do concurso Rosalía “Sempre viva” e tamén da saída ao teatro do alumnado de 4º e 1º Bac… Podedes escoitar opinións do alumando que asistiu á representación de Lucecús teatro.

Falouse tamén da Semana Castelao e iniciose a sección de deportes, xermolo para o que será un programa especial só dedicado a este tema que imos facer para o Día Mundial da Radio. Esperemos que vos guste!

Pincha aquí para oír:“Rianxo Fala 2, 17-18

Presentamos esta páxina para o voso coñecemento e que sirva de consulta sobre os instrumentos musicais, algúns bastante raros e descoñecidos. Fíxate na banda de menús en gris para poder moverte pola clasificación e os despregables de cada menú. Os arquivos de son incorporados non funcionan.

Por Marta Figueira e Sabela Loureiro (1º ESO)

20180122_104221 Tal e como xa contamos no artigo anterior, a semana pasada comezaron as charlas da garda civil. A persoa que veu o primeiro día, o 29 de xaneiro, acedeu amablemente a respondernos unhas preguntas e permitiu que gravásemos a entrevista. Deixámola aquí para que a escoitedes, porque é moi interesante para toda a mocidade.

 

Como cada ano, no noso IES, vaise celebrar a Semana Castelao,  do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2018. O ENDL organiza unha semana de actividades dedicada ao máis ilustre fillo de Riansemana de Castelao 2018xo, Daniel Rodríguez Castelao, figura central da escena cultural e política da Galiza do século XX, morto o 30 de xaneiro de 1950 en Bos Aires. Temos un programa de actividades completo que vos describimos abaixo, mais se premes nesta imaxe  tes acceso ao PDF  con ligazóns de interese.

A continuación podedes ver o PROGRAMA DE ACTIVIDADES  completo

 

288 Artigos |   | 1  |   | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.