Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.
Este poema “Cantiga” acaba de ser musicado polo grupo Fuxan os ventos  baixo o nome de “Lúa de prata”. O grupo fai así a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018.

O youtubeiro Aquel-e ( que vén sendo Miguel Silva, ex-alumno do noso IES e colaborador do ENDL) recibiu o PREMIO EFICIENCIA COMUNICATIVA no concurso de Youtubeir@s deste ano. O vídeo gañador titúlase “O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto)” :

Mar adiante (Historias de nenos para nenos). Sada: Ediciós do Castro, 1973.

Mar adiante (Historias de nenos para nenos). Sada: Ediciós do Castro, 1973.

A súa primeira publicación en galego dentro da literatura xuvenil foi «Mar Adiante», en 1973, cando aínda estabamos na ditadura e non se podía ensinar galego nas escolas.

Dous anos despois, gañou o 1º Premio do Concurso de Contos Infantís O Facho coa obra «O cataventos». E a partir de aí deixounos unha rica produción literaria para o público infanto-xuvenil, a quen consideraba sempre moi intelixente e polo que sentía un grande respecto. Mirade todos os títulos:

Eu conto, ti cantasEste libro, protagonizado por animais, é unha mostra máis dese mundo propio e recoñecible que María Victoria Moreno soubo crear na súa literatura.
Contén  tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.
(Máis información)
A continuación podedes ir vendo información específica de cada un dos contos-poéticos que conforman a última obra que Mª Victoria Moreno publicou en vida.

María Victoria-1

María Victoria Moreno Márquez era filla dun militar e dunha mestra. Naceu na provincia de Cáceres o 1 de maio de 1939, aínda que ela ten dado como data de nacemento o 1941.

Estudou o bacharelato en Barcelona e Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid cos profesores Rafael Lapesa e Dámaso Alonso.

En 1963, con 22 anos, trasladouse a Galicia onde comezou a súa carreira como profesora de Lingua Española. Traballou en institutos de Lugo, Sanxenxo e finalmente Pontevedra, cidade esta onde, en 1968, abriu -xunto con outros intelectuais- a libraría Xuntanza, na que se podían atopar, entre outras, obras prohibidas pola censura, coma as de Castelao.

No eido editorial, foi codirectora de Árbore, a colección infantil de Galaxia, desde o seu inicio. Morreu no ano 2005 en Pontevedra.

A continuación podedes lera a Biografía publicada na páxina da Real Academia Galega  Por: Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey

Un toAida Saco 1tal de 54 finalistas optan a os V Premios Martín Códax, entre eles, no apartado de música clásica e contemporánea, está Aida Saco, ex-alumna do noso IES e colaboradora do ENDL.

Para o premio presenta dúas pezas: “A illa” e “Atmosfera”

A continuación podedes ler como ela presenta o seu proxecto artístico. Moita sorte, Aida!

Por Sabela Loureiro Coto (1 ESO A)

Hai unhaochoios semanas () que trouxemos a Bico da ría os vídeos de Juan Frieiro “O Choio” quen, impulsado polo seu neto Román (ex-alumno do IES), se presentou ao concurso de Youtubeir@s . Esta fin de semana, soubemos que vén de gañar naCategoría de vídeo-facermos. Parabéns!
288 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.