Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Abaixo presentamos toda a información sobre a Síndrome de Down que nos achegou “Down Compostela” para visibilizar esta alteración cromosómica que afecta a moitas persoas. Deixámosvos tamén este fermoso vídeo.

AGADEA é unha asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias. O fin da asociación é axudar tanto aos enfermos con demencia como aos seus familiares ou coidadores principais. Tamén nos acompañaron na Semana Solidaria. Os obxectivos que persegue son:

video 2Que farías se vises a unha nena de 6 anos soa na rúa? Variarías  o teu comportamento segundo fose o aspecto da pequena?

Mira este vídeo e reflexiona. Pensa como te comportas habitualmente. Tamén como te comportas coa xente segundo a lingua que emprega…

Durante a Semana Solidaria no IES tentamos sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre calquera colectivo marxinado ou que presenta algunha diversidade funcional.  Reflexiona!

video 1Desde o ENDL traballamos moito arredor dos prexuízos e estereotipos lingüísticos. Mais os estereotipos funcionan a todos os niveis. Cando falamos de persoas de diferentes razas e culturas todos temos estereotipos. Igual ca se falamos de persoas con discapacidades… Cando os estereotipos son negativos son prexuízos. Este vídeo exemplifica moi ben como funciona este tema. Seis descoñecidos conversaron nunha habitación escura. Cando acenden a luz ninguén cre o que ve.

288 Artigos |   | 1  |   | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.