Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

IMG-20180116-WA0000Xa temos na páxina de “Rianxo fala” o primeiro programa deste curso, que vén sendo o número 12 da nosa curta traxectoria. Por problemas técnicos alleos a nós non o puidemos colgar ata agora, mais xa se emitiu a finais de novembro.

Con este programa comezou a súa andaina un grupo moi xeitoso de alumnado de 1º ESO, dos que só algúns saen na foto (Celia Arcos Resúa, Marta Figueira, Sabela Loureiro Coto, Alex Mariño e Sandra Ordóñez).  Mais detrás da escaleta e emisión deste primeiro programa están tamén: Daniela Rodríguez, Marta Domínguez Picón,  Isabel Saborido Gey e Mauro Riveiro Suárez.

O MELLOR AGASALLO en galego-WEB

O galego O MELLOR AGASALLO-WEB

Agasallo.eu é unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Para que se coñeza o que existe en galego ! ;-)  

Quixemos no noso ENDL difundir esta iniciativa normalizadora e de paso deixar  a nosa pegada ao querer mover conciencias. Así deseñamos estes cartaces que vedes aquí, un que dá paso á exposición dos paneis feitos cos agasallos que se poden facer en galego. O outro… lembrando que o galego é o noso mellor agasallo!

Todo en agasallo.eu. Tamén libros, música, audiovisual…

LIBROS                                  MÚSICA                           AUDIOVISUAL

agasallo-eu-LIBROS-WEBagasallo-eu-MÚSICAagasallo-eu-AUDIOVISUAL

 

Estás buscando agasallos? lembra que na páxina agasallo.eu hai de todo, de todo en galego… Podes escoller xogos, aparellos, mesmo experiencias…

APARELLOS                                       EXPERIENCIAS                               XOGOS
agasallo-eu-APARELLOS agasallo-eu-XOGOSagasallo-eu-EXPERIENCIAS

 

A partir de mañá podes escoller os adhesivos que máis che gusten para poñerlle aos teus agasallos. Repartímolos desde o ENDL,  sinalando que o galego pode ser o mellor agasallo.

Lembra miralos todos porque podes escoller:

videopoemas1

A Casa-Museo Manuel María organiza un concurso de videopoemas que ten por Dfinalidade a potenciación da creatividade artística e mais o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María. Le as bases e anímate a participar

beethovenO Concerto para violín en re maior Op. 61 de Ludwig van Beethoven, escrito en 1806, é o único concerto do compositor para este instrumento.

A súa duración aproximada é 45 minutos.

A obra estreouse o 23 de decembro de 1806 no Theater an der Wien de Viena. Beethoven escribiu o concerto para o seu colega Franz Clement, destacado violinista do momento,

 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organizou unha nova actividade formativa destinada ás familias con crianzas de 0 a 6 anos e a persoas coidadoras e docentes, incluída no programa Apego de dinamización lingüística da primeira infancia. Co título Fálame moito, fálame ben desenvolveuse unha charla-obradoiro na que se falou da estimulación […]

288 Artigos |   | 1  |   | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.