Xa temos na páxina de “Rianxo fala” o segundo programa deste curso, que vén sendo o número 13 da nosa curta traxectoria. Nel temos un pouco de todo, destacan as noticias do IES que tiñamos para dar a semana pasada, xa que foi de grande actividade. Falamos, entre outras cousas, sobre as charlas da garda civil (e entrevistamos a un dos membros da policía xudicial que se achegou ao centro, do que xa demos conta nun artigo anterior nesta revista), avisamos do concurso Rosalía “Sempre viva” e tamén da saída ao teatro do alumnado de 4º e 1º Bac… Podedes escoitar opinións do alumando que asistiu á representación de Lucecús teatro.
Falouse tamén da Semana Castelao e iniciose a sección de deportes, xermolo para o que será un programa especial só dedicado a este tema que imos facer para o Día Mundial da Radio. Esperemos que vos guste!
Pincha aquí para oír:“Rianxo Fala 2, 17-18”
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]