Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Xa temos unha nova lámina de música: Os Cuchufellos

Para máis información visita a páxina en rianxofala.com onde temos colgados os vídeos

CUCHUFELLOS-Speed folk-PEQUENA

vacaA Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Vaca e Boi de Galicia ultima os trámites legais para a súa posta en marcha. No DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 públicase a orde da Consellería do Medio Rural pola que se acorda inscribir a IXP no rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións protexidas,

É tal vez una das obras máis famosas e recoñecidas de Johann Sebastian Bach e considerada unha das obras mestras do Barroco. Bach compúxoa en Leipzig entre 1730 e 1731, probablemente para ser interpretada polo Collegium Musicum de Leipzig. O concerto está composto de tres movementos:

Por: Mauro Riveiro Suárez, 1º ESO A

Hoxe en día, mudou a maneira de obter libros en préstamo, xa non se precisa ir á biblioteca. Pero hai moita xente que non sabe onde buscar. Ensínovos estas páxinas que eu uso a miúdo: www.galiciale.gal e ebook.dicoruna.es

plataforma1 plataforma2

“Os maiores de Rianxo están a facer historia” é a frase que repetiu Cheché, unha representante da plataforma que se creou no noso concello para loitar por un centro de día para a vila.  Están a facer historia porque levan unha loita contra vento e marea para que o concello teña un centro de día.

IMG_20171017_103713_019IMG_20171017_110023_555IMG_20171017_104803_902

 

 

 

MICRORRELATOSCon motivo do Samaín, Bibliomuriel organiza un concurso de microrrelatos de medo que, emulando a Twiter, non poderán pasar dos 280 caracteres.

Os días 30 e 31 de outubro, no segundo recreo, escoitaremos eses textos arrepiantes e internarémonos nun mundo hostil…

Envía o teu texto ao correo bibliomuriel1@gmail.com e opta a un destes premios:

ApelidosRianxoBoullón - 0030

Estamos arrancando un novo curso e deseñando novas actividades e proxectos. Como vedes continuamos coa nosa revista. Queremos abrir este ano lectivo lembrando que o curso pasado estivemos desenvolvendo no ENDLG un proxecto que chamamos “Antroponimia de Rianxo” no que comezamos unha investigación sobre os apelidos máis frecuentes no noso IES e no concello (xa publicamos aquí varios artigos sobre o tema (1)  (2) e tamén en www.rianxofala.com). Tamén achegamos información sobre as formas castelanizadas e as posibilidades de restituílas ao galego. Para pechar, a profesora da USC Ana Boullón, veu ao centro para dar unha charla con información de interese sobre a orixe e significado dos nosos apelidos. Como amablemente nola cedeu, deixámola aquí para que cadaquén poida vela. Se a queres ver en pdf. cómpre facer clic na imaxe para que se abra. Tamén podes vela en formato vídeo.

IMG_20170620_122517Onte, 23 de xuño, pechamos o local do Equipo de normalización e dinamizacion da lingua galega porque o alumnado colleu vacacións. Fixemos entrega dos diplomas á rapazada que estivo colaborando, á que lle damos as grazas e coa que esperamos contar novamente no próximo curso.

Quedan aquí as fotos dos que viñeron á recollida cando estaba a cámara operativa.

Bo verán!

288 Artigos |   | 1  |   | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.