Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

video 7“Hai que ver ao neno ou á nena e non a discapacidade”. En todo o mundo hai persoas con discapacidade. As súas condicións son peores se os países son pobres ou ben se viven en campos de refuxiados. A organización Sogaps cóntanolo. Deixámosvos información sobre ela.

‘Cordas’, unha curtametraxe viral de causa maior       Vídeo de reflexión de amor e de amizade  

video 16Atención ás Persoas Sen Fogar – Unidade de Emerxencia Social. da Cruz Vermella, tamén membro colaborador da S. Solidaria.

Cruz Vermella é membro da Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, que é a maior organización humanitaria do mundo e presta asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, raza, crenzas relixiosas, clase social ou opinión política.

A paralímpica viguesa Susana Rodríguez, nacida con menos dun 10 % de visión e licenciada en Medicina, goza do seu traballo no servizo de Rehabilitación do Clínico de Santiago O seu pai é médico e, como a tantos fillos, a Susana Rodríguez Gacio metéuselle na cabeza de nena que quería seguir os seus pasos e […]

video 13Durante a Semana Solidaria no IES tentamos sensibilizar á comunidade educativa sobre o Trastorno de espectro autista (TEA). Nun artigo anterior falamos da exposición sobre o Mundo máxico de Antón, agora deixámosvos o vídeo que estivemos poñendo onte nos corredores: “A viaxe de María”

video 15Seguimos no IES coa Semana Solidaria. Neste vídeo de Cayetana e Celia tentamos sensibilizar a rapazada sobre as enfermidades raras.  Neste caso sobre a heteroplasia ósea progresiva. Animamos á Asociación galega desta enfermidade a facer tamén vídeos en galego.

video 8Un dos obxectivos da Semana Solidaria do IES é sensibilizar sobre a discapacidade. Estes catro vídeos cumpren este obxectivo.

Todos somos todos:  Unha amizade duradeira

EXPLICAMOS™ O CONSENTIMENTO ( Blue Seat Studios)       Experimento social: Acoso a muller que camiña soa en New York

288 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.