Imaxe de cabeceira
Sabías que...
TRES, DOUS, UN… CERO!

Só uns poucos acadarán a meta… Comeza o pistoletazo de saída no paritorio. Os familiares emocionados preguntarán a vocación do cativo: que vai ser médico, arquitecto ou enxeñeiro? Ai non… Que saíu muller. E de nome, cal vos deron no rexistro? E.562? Éche ben bonito!

Ronda número un: os participantes cunha idade de nove ou dez anos e un nivel de interese polos estudos nulo, enfróntanse á reválida de 3º de primaria. Cantos serán apartados do sistema? Só uns poucos acadarán a meta.

A competición semella cada vez máis interesante, cada vez máis dura. Semifinais: os alumnos tentan superar a eliminatoria de 4º de ESO. Os ánimos están baixos e  a presión moi alta, cantos abandonarán? Só uns poucos acadarán a meta.

Quedan xa poucos. Sobreviven "os máis fortes", "os mellores". Poderán coa ronda final? Nadadores, futbolistas e maratonianos competirán nos cen metros lisos. Só uns poucos acadarán a meta.

A meta… A excelencia! O fin xustifica os medios? A resposta do goberno semella ser un si rotundo. A modificación do sistema educativo convirte os anos de aprendizaxe nunha longa carreira de obstáculos, sen importar as persoas que caen no camiño, a diversidade que cae no camiño, as diferentes maneiras de facer o camiño ou os diferentes camiños que se perden polo camiño. Tan poucos acadarán a meta…

Mais que meta é esa? A meta que nos impoñen, non é a nosa meta. Non hai un camiño na vida mellor que outro, nin as persoas son mellores ou peores en función do que escollan, porque ó fin e ó cabo, é o seu camiño.

 

IRENE BLANCO MARTÍNEZ



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.