Imaxe de cabeceira
O IES rebole
III Día da Ciencia en Galego. Novembro mes da Ciencia

Neste mes de novembro no noso centro celebramos o “Mes da Ciencia” e o faremos con distintas actividades, conferencias, exposicións e saídas didácticas.

                           

Empezamos mañá martes 6 de novembro celebrando o “III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego” o alumnado de Física, Tecnoloxía e de Química de 2º de bacharelato asistirán a unha videoconferencia que ten o títuo: “Facendo Física de Partículas polo mundo” na que participarán máis de 90 centros, uns 6000 alumnos/as.

Relatores:

o  Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.

o    Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.

o   Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.

o   Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo..

o   Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.

Contido: Os experimentos do LHC no CERN levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese. A descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informtivos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo, son só algúns dos fitos acadados.
Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica.
Nesta actividade reuniremos nunha videoconferencia a varios investigadores espallados polo mundo que participan nos experimentos do LHC e que nos contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego.

Os 5 relatores/as  tras unha breve presentación sobre o seu traballo, responderán algunhas das preguntas que o alumnado formule a través do chat habilitado na propia sala virtual ou podedes facerlles chegar as vosas preguntas nas contas de Twitter

@CGENDL; CASsalgado (Carlos Salgado) e @CibrnS (Cibrán Santamarina).

Hastag: #CERNgalego

Se queredes saber máis iniciativas desta III Xornada da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego podedes visitar a páxina seguinte:

http://www.cienciaengalego.org/drupal6/

Nos próximos días seguiremos contando as novidades deste                “Mes da Ciencia” no IES Félix Muriel.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.