O Concello de Rianxo fai unhas interesantes propostas culturais que terán lugar proximamente na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística:
1.- OBRADOIRO LITERARIO: "O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades" a cargo de Nerea Pallares
DATAS: 9, 10 e 16 de novembro
LUGAR: Biblioteca Pública Castelao de Rianxo
O obradoiro literario O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades, a cargo a escritora Nerea Pallares, desenvolverase os vindeiros 9 e 10 de novembro na Biblioteca Pública Municipal Castelao. O día 16 de novembro, tamén na BPM Castelao e con carácter aberto, a escritora desenvolverá unha lectura e faladoiro arredor dos seus textos, no que explicará as liñas da súa investigación narrativa, formas do discurso, esencias estéticas e creativas contemporáneas, etc.
Ambas as dúas actividades inscríbese no marco de colaboración entre a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, aproveitando a presenza dos escritores participantes no programa de residencias creativas que esta editorial pon en marcha.
Para inscribirse no obradoiro deberase cubrir unha ficha (pode descargala en www.rianxo,com) e enviala por correo electrónico a cultura@concelloderianxo,es co asunto obradoiro de Nerea Pallares, antes do 9 de novembro
2.- TEATRO: Nin rico nin pobre (senón todo o contrario) do Cadro Artístico Airiños de Asados
DATAS: sábados 10 e 17 de novembro (2 funcións)
HORA: 21.00 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo
O Cadro Artístico Airiños de Asados do Centro Sociocultural Simón Varela de Asados vai estrear unha nova obra teatral titulada Nin rico nin pobre (senón todo o contrario) .
A estrea terá lugar o próximo sábado 10 de novembro, ás 21 horas, no Auditorio de Rianxo. No fin de semana posterior, concretamente o sábado 17 de novembro á mesma hora, haberá outra función.
A entrada é de balde, e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo das funcións.
3.- CURSO: PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL DA RÍA DE AROUSA
DATAS: 5, 6 e 7 de novembro
HORA: de 9.00 a 14.00 h
LUGAR: Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
Podes atopar máis información no seguinte enlace: http://www.arousa-norte.es/blog-arousanorte/?p=6734
Ademais pódense visitar, ata o 10 de novembro, no Centro Sociocultural-Auditorio dúas exposicións:
– Exposición de pintura: Alén da paisaxe. Pinturas da terra de Deli Sánchez
– Exposición de fotografía: Soños de Auga de Helena Villar Janeiro
Para máis información podedes consultar a páxina web do concello: http://www.concelloderianxo.es
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]