Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Despois da crónica polo miúdo que nos fixera Lucía Triñanes sobre a actuación de Tadashi Yamamoto, envíanos agora Elisabet a súa. Xa vedes que tamén lle gustou moito. Temos tamén colgados xa os vídeos con fragmentos da súa actuación… Non perdades a ocasión de velos quen non estivestes alí, que os vídeos son curtiños… están no artigo “Vídeos da actuación de Tadashi Yamamoto.

Presentámosvos dous videos de alumnos e ax-alumnos do IES que están orgullosos de seren de aquí e de falaren a súa lingua.

O primeiro, xa o reproducimos hai uns días no blog O castelo da lúa, xa fora gravado antes de que saíse a campaña “Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego”

Patricia Neira, ex-alumna do noso IES, estuda Fisioterapia en Madrid e ten unhas notas brillantes. Ela relata como o galego non lle supuxo ningún problema nos seus estudos fóra de Galicia, todo o contrario… escoitádea!

O segundo é o de Alba e Raquel alumnas integrantes do ENDL do noso IES

Eu elixín investigar sobre Angola por razón da súa bandeira, a cal, co vermello da parte de arriba simboliza o sangue derramado polos angolanos durante as loitas pola independencia e co negro que presente na parte inferior a cor dos habitantes do continente africano. No centro, esta bandeira, ten unha roda dentada cruzada por unha catana e ao lado disto, unha estrela. Este debuxo é moi semellante ao símbolo comunista.

O resto do texto está escrito en portugués porque co galego podémonos entender perfectamente en lugares nos que se fala ese idioma.

Un membro da nosa comunidade educativa, enviounos esta colaboración. Boísimo comentario ante esa última mostra de desprestixio que recollemos onte no artigo: O que temos que oír por estarmos xordas e xordos…

Tal e como anunciamos, T. Yamamoto estivo o pasado venres 26 de febreiro no noso IES. Quedamos encantados coa súa charla-actuación.

Ademais accedeu a contestarnos unhas preguntas, entrevista da que daremos conta noutro artigo.

Un dos módulos do Ciclo Medio en Atención Sociosanitaria é o de “Comunicación alternativa”, cuxo obxectivo fundamental é o de desenvolver estratexias comunicativas eficaces con colectivos con dificultades específicas de comunicación, empregando os sistemas alternativos de comunicación (SSAAC) máis usuais para mellorar as relación sociais destes usuarios.

Gústame moito a música, sobre todo o rock. Son admiradora de Barón Rojo e fun ao seu concerto o pasado día 6 de marzo. Déixovos aquí a miña crónica do evento.

Seica “Desván de los monjes” e “Toro”… pode ser posible?? Pero que conselleiro é este!!!!!!!!!!!!

786 Artigos |   | 1  |   | 75  | 76  | 77  | 78  | 79  | 80  | 81  | 82  | 83  | 84  | 85  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.