Imaxe de cabeceira
O IES rebole
A actuación de Tadashi Yamamoto no noso IES

Tal e como anunciamos, T. Yamamoto estivo o pasado venres 26 de febreiro no noso IES. Quedamos encantados coa súa charla-actuación.

Ademais accedeu a contestarnos unhas preguntas, entrevista da que daremos conta noutro artigo.

Neste día contamos coa presenza no noso instituto de Tadashi Yamamoto, profesor na universidade de Tenri e apaixoado de Galicia, o cal foi presentado por unha das nosas compañeiras de 3º B, Iria Ramos Fungueiriño.

 

 O seu percorrido para chegar ata Galicia foi desde Okinawa (onde el vive) ata Helsinki, e logo a Madrid, facendo un total de máis de 15 horas en avión, nunha viaxe bastante incómoda en clase turista.

O señor Yamamoto mostra o seu nerviosismo ao falar para máis de 100 persoas e comeza a explicarnos as actividades que levaremos a cabo durante a seguinte hora (que acabará logo prolongándose).

 

 

Comeza falándonos sobre Xapón. Comenta a súa situación e a distancia con España. Fai  unha comparación entre o noso país e o seu, na que se ve que a concentración de poboación en Xapón é moito maior nunha superficie total menor que a española. Explica que Xapón se divide en catro illas principais (Hokkaido, Honsyu, Shikoku e Kyusyu) e varios arquipélagos, sendo o 60% zona montañosa, e así en 47 prefecturas (provincias), contando Tokio con 12.5 millóns de habitantes (1/3 da poboación total nacional). As cidades máis importantes son Kioto, Hiroshima, Osaka, Nagoya, e por suposto, Tokio (capital do país). Ensínanos fotos da cidade de Roppongi (Tokio), dunha aldea agrícola pertencente á prefectura de Toyama(a explotación do arroz é unha das actividades agrícolas máis importantes), dunha cidade pesqueira da prefectura de Hiroshima (consomen todo tipo de produtos mariños, incluídas as algas, utilizadas sobre todo no sushi)…
A continuación amósanos algúns trazos interesantes da súa cultura. A escritura xaponesa é unha actividade cultural sumamente importante e complexa, contando cos fonogramas (hiragana e katakana, ambas de 45 letras) e ideogramas (os kanjis, que proveñen de China e son máis de 2000, con signos concretos, abstractos e combinados). Para explicar a escritura xaponesa, utiliza unha tradución da canción “A saia da Carolina”. As frases escríbense xuntas, de esquerda a dereita ou de arriba para abaixo, existindo tamén outra maneira de escribir, sendo esta horizontalmente ( a máis común en Xapón). O alfabeto katakana utilízase para as palabras estranxeiras. Os kanjis representan substantivos e verbos. O hiragana é o alfabeto de uso xeral. Yamamoto ensínanos máis sobre a escritura en katakana, como a unión das letras coas vogais e a representación destas unións, tanto nas letras básicas como nas extendidas. Así, mostra como se escribirían algúns nomes propios do noso idioma en xaponés, dividindo as palabras Ourense, Galicia, Castelao e Rianxo (entre algún outro exemplo máis) nas seguintes formas: o/u/re/n/se, ga/li/ci/a, ca/s/te/la/o e ri/a/n/xo, respectivamente, e transcribíndoas no seu idioma.

Tras disto, cun instrumento típico xaponés (o “sansin”) , toca e canta unha canción propia de Xapón e por último a rianxeira… e aquí participamos todos e todas as rianxeiras

 

Lucía Triñanes (2º Bac. C)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.