Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

No blog da biblioteca do IES Nosa Señora dos ollos grandes de Lugo, colgaron esta presentación sobre o novo decreto que nos parece moi interesante. Por iso vola reproducimos aquí.

MARIA LOSADA MIGUÉNS 2ºc

O mércores 13 de xaneiro, fomos 2ºC e dúas clases máis de primeiro a ver unha obra en inglés: “Fair play”.

Saímos do I.E.S despois da segunda hora, fomos en autobús a Santiago. No traxecto pasámolo ben aínda que houbo as típicas queixas referentes ao lugar no que nos sentábamos.

Chegamos á alameda e tivemos que camiñar un pouco pola zona vella ata o Teatro Principal. Acomodáronnos en grupos de cinco nos palcos que había arredor do patio de butacas. Pero mentres que chegaban outros colexios e se colocaban no seu sitio pasou polo menos media hora e, por fin comezou o teatro:

 Trataba de un grupo de amigos ( dúas animadoras e dous xogadores de fútbol americano). As rapazas cansas de que o seu equipo non gañase ningún partido retaron aos chicos a intercambiar os papeis.Por tanto a obra contaba o que facían os rapaces para prepararse, cada un na súa nova faceta.

Cando rematou xuntámonos todos á saída e despois duns minutos fomos a coller o autobús para volver. Pero tivemos que esperar bastante para que chegara.

Houbo a quen lle gustou a representación e a quen non pero creo que a todos nos pareceu ben pasar un día distinto cos compañeiros.

Neste artigo queremos comentar en que consiste o balonman. Imos nomear as características principais deste xogo

Preséntovos aquí unha pequena historia do volveibol

Espetáronlle ás pandereteiras “Tarambainas” que a súa música estaba moi ben para “romerías y ferias” pero non para estar na “súa final”. As raparigas fixérono moi ben e xa saben o que é a discriminación cultural. O mesmiño programa ten unha final especifica para flamenco, incrible. O único que podemos dicir é que os de Tele 5 gasten mais cartos en contratar un xurado profesional e non a Loles León.

Álvaro Ordóñez (1º Bac. A)

www.youtube.com/watch?v=ODMnTMYCt5M

Entre os días 9 e 22 de novembro celébrase en toda España a Semana da Ciencia neste Ano Europeo da Creatividade e a Innovación. Museos, Universidades, centros de investigación, parques tecnolóxicos ou empresas organizan exposicións, cursos, visitas, talleres, mesas redondas, excursións ou conferencias, achegando ao público en xeral o seu traballo diario, tanto os seus aspectos máis chamativos como os máis descoñecidos.

Os argumentos dos que queren que o galego siga minorizado e desapareza apóianse en mentiras coma a da imposición.

Comezamos un repaso polas ordes realmente impositivas que sufrimos e a partir da información, valorade vós mesmos

O pasado 30 de abril estivo no noso IES Yolanda Castaño. Antes da súa charla co alumnado, dúas alumnas entrevistaron á escritora facéndolle unha serie de preguntas nas que a poetisa manifesta o seu punto de vista sobre diferentes e variados aspectos da súa traxectoria profesional.

786 Artigos |   | 1  |   | 79  | 80  | 81  | 82  | 83  | 84  | 85  | 86  | 87  | 88  | 89  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.