Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Traballos de música galega
O concerto de Barón Rojo

Gústame moito a música, sobre todo o rock. Son admiradora de Barón Rojo e fun ao seu concerto o pasado día 6 de marzo. Déixovos aquí a miña crónica do evento.

Sábado 6 de marzo do 2010.
Mirando ao redor, máis de cinco mil cincocentas persoas reunidas no Colliseum de A Coruña. O motivo? Barón Rojo en concerto celebrando o seu trinta aniversario ca formación orixinal. Tódolos compoñentes da banda xuntos despois de tanto tempo da súa separación dispostos a deleitarnos con tres horas e media de Rock. Tres horas e media apaixonantes, impresionantes. Cómo si o tempo non pasara por eles alí estaban “rockanroleando” como moi poucos o fan. Se non fora polas canas e polas barrigas calquera diría que máis que catro vellos o que alí había no escenario eran catro mozos. As aparencias enganan.
Definindo o concerto obxectivamente: Dito sexa que o feito de que o espacio non fora moito en comparación coa xente, que era demasiada non axudaba a que se escoitara ben. Pero tamén dito sexa que como xa dixen antes a idade non lles pasou lista, e que aínda que a acústica non estivera ao seu favor o son que producían foi como mínimo perfecto –dise do que non comete erros, e supera as expectativas-.
Definíndoo subxectivamente: O que eu viñera para casa cunha púa de Armando de Castro, sexa fanática do grupo, me apaixone a música en directo, e tocaran as cancións das que máis gusto, fai que crea que aquelo máis que un concerto foi subir ao ceo e ter en fronte a deus dividido en catro.
Ese concerto, ademais de disfrutar tamén me fixo pensar na extinción do rock. O por qué? A maioría dos alí presentes eran persoas de máis de 40 anos, persoas que escoitaban a Barón cando tiñan miña idade -vellos roqueiros-. Cando eu teña esa idade a qué concerto terei que ir da música que me gusta? E coma min o grupo –reducido- de mozos da miña idade que non están interesados na música comercial que foi facendo sitio pouco a pouco e que agora ocupa o panorama musical. Os “inconformistas” por así dicilo que non escoitamos corenta grupos iguais que fan e falan do mesmo –a mesma merda, sendo extremista, e sen intención de ofender a ninguén- e non sentimos admiración polo que non destaca xa que, agora, para sacar un CD, mellor dito para que unha discográfica che saque un CD, tes que ser igual ou polo menos imitar o que xa hai. A qué concertos iremos cando como a Barón Rojo, nos saian canas e nos medre a barriga? Non vale a creatividade nin a orixinalidade, canto máis simple sexa o que fas, máis posibilidades tes de publicar e vender.
En fin e conclusión. Un concerto e un grupo dignos de admiración.

 

Jésica González Ramos (4º ESO B)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.