Despois da crónica polo miúdo que nos fixera LucÃa Triñanes sobre a actuación de Tadashi Yamamoto, envÃanos agora Elisabet a súa. Xa vedes que tamén lle gustou moito. Temos tamén colgados xa os vÃdeos con fragmentos da súa actuación… Non perdades a ocasión de velos quen non estivestes alÃ, que os vÃdeos son curtiños… están no artigo “VÃdeos da actuación de Tadashi Yamamoto.
.jpg)
O venres 26 de febreiro do 2010 ás dez e media da maña veu ó instituto I.E.S. Félix Muriel, un xaponés chamado Tadashi Yamamoto que foi invitado polo Equipo de Normalización e Dinamización do noso centro . Foi presentado por unha compañeira nosa, chamada Iria Ramos Fungueiriño, que vai en 3º E.S.O.
.jpg)
A nosa compañeira fixo unha pequena introdución dicíndonos quen era e como aprendeu a nosa lingua, o galego.
Tadashi Yamamoto é profesor da Universidade de Tenri,en Xapón. Nesta Universidade ademais de estudar xaponés, tamén podes aprender artes marciais. Aparte de ser profesor, é antropólogo, e dicir, dedícase a estudar as festas calendáricas na cultura mexicana, como por exemplo, como celebran os aztecas o novo ano que aquí en Galicia ven sendo o San Xoán .
Na introdución que nos fixo Iria xa nos dixo porque sabía galego e como coñecía Galicia. Díxonos que coñecera Galicia porque cando viaxara á nosa terra por primeira vez se namorara das nosas paisaxes,da nosa lingua e da nosa cultura; e que aprendera a falar galego porque dende o ano 2004 colabora coa Universidade de Santiago e no ano 2005 el,pola súa conta fixo un curso de galego para estranxeiros impartido polo Instituto da Lingua Galega, e dende ese momento, pouco a pouco foi aprendendo o galego.
Tadashi Yamamoto contounos que tardara máis de quince horas en chegar ao noso país porque tivera que facer escala en Helsinki, capital de Finlandia, e que chegara acompañado pola súa muller. Tamén nos dixo que xa dera mais conferencias a alumnos de outros institutos galegos como o de Forcarei e o de Vilalba pero que estaba moi nervioso porque era a primeira vez que falaba diante de tanta xente, xa que acudimos máis de cen persoas a esa charla. A partir diso díxonos do que ía a falar durante esta hora,que se tivo que prolongar uns minutos, xa que ó vir do recreo tardamos un pouco en chegar ata o salón de actos e acomodarnos.
Empezounos a falar de Xapón e fíxonos un balance con España. Coméntanos que España é máis grande pero que ten menos habitantes, e ríndose dinos que alá viven moi amontoados por falta de espazo no territorio. Tamén nos di por que illas esta composto o arquipélago xapoés, que son catro (Hokkaido, Honsyu, Shikoku e Kyusyu) e cal é a súa capital (Tokio), na que hai doce millóns e medio de habitantes, e dicir, unha terceira parte da poboación. Ensínanos varias fotos de cidades xaponesas e vainos dicindo con que partes de Galicia se poden identificar. Unha das que nos ensinou, e que se identificaba co noso pobo, Rianxo, foi a de Hiroshima. Comparounos con ela porque esa cidade tamén é mariñeira e igual que nós, consome todo tipo de produtos mariños, como ameixas, polbos … pero o que mais utilizan alá son as algas coas cales elaboran o coñecido prato “sushi”.
A continuación fálanos do seu idioma, o xaponés, que conta cuns fonogramas (hiragana e katakana, ambas constan de corenta e cinco letras) e uns ideogramas (os kanjis que son máis de dous mil signos). Cando nos fala disto, dinos que técnica utilizan os xaponeses para escribir. Eles escriben de esquerda a dereita ou de arriba para abaixo, dicíndonos que esta última é a que máis se utiliza en Xapón. Díxonos que o alfabeto katakana é o que máis se utiliza para as palabras estranxeiras, os kanjis para substantivos e verbos e o hiragana para uso xeral. Para acabar de ensinarnos un pouco de cómo se escribe en xaponés explicounos algunhas normas como por exemplo o de substituír o “l” español por un “r”; ou o de engadir vogais.
Para rematar a conferencia amósanos un instrumento tradicional do seu país, chamado sansin. Que é un instrumento que estaba composto por unha pel de serpente e tres cordas, e que era parecido a unha guitarra española. Con este instrumento tocounos e cantounos unha canción propia de Xapón, e por último a “rianxeira” dicíndonos entre risas que non ía poder tocala toda porque ese instrumento non tiña as cordas necesarias. Neste caso puidemos cantala todos os rianxeiros e rianxeiras que nos emocionamos cando vimos que el tamén a sabía.
A partir desa charla, que a min me gustou moito, xa que puiden aprender a escribir algunhas palabras principalmente o meu nome ou o do meu pobo e coñecer algo mais Xapón sen que sexan os seus alimentos ou os seus debuxos animados, entráronme ganas de interesarme un pouco por esa cultura e sociedade. Tamén me gustaría coñecela xa que se parece á nosa en algúns casos como dixen anteriormente, pero como todos os países ten cousas diferentes e interesantes. Outro punto que me gustaría estudar sería a vestimenta tradicional xaponesa e o seu significado, pero este sería outro tema do que nos vai ter que falar noutra ocasión.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]