Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Concurso de contacontos, recitado e lectura que fixemos  nos recreos destes días pasados na biblioteca. Participaron alumnas e alumnos de todos os cursos e como non profes tamén.

Aquí tedes a acta dos premios:

 

 

Ola I.E.S Félix Muriel:
Escríbovos dende Korzcyna, na Galicja polaca. Xa levo aquí case un mes e aínda me quedan un montón de cousas por ver e aprender. O tempo está pasando rápido. Vouvos explicar un pouco as cousas que fixen neste mes.
Asistín a un concurso de bombeiros,

Editorial Galaxia.
6ª Edición Vigo 1987 ISBN 84-7154-183-3
Deseño da portada: F Mantecón
 
 
 

Un dos xéneros literarios que Álvaro Cunqueiro (1911-1981) cultivou con máis dedicación e acerto foi o do retrato, é dicir, a invención de personaxes aillados, sen unha función narrativa maior, dispostos para ser contemplados na súa singularidade, suficientes por si mesmos, donos de vida propria. A primeira serie deles apareceu en Escola de menciñeiros (Galaxia, 1960) e versaban todos sobre o mundo dos individuos de que fala o título, tan presentes na Galicia rural de hai aínda poucos anos. A segunda foi esta que reeditamos hoxe, que poderia formar parte ademais dunha triloxía na que habería que incluír tamén Os outros feirantes (Galaxia, 1979).
Como dixo o autor destas páxinas, nos retratos de Xente de oqul e de acolá hai en cada un deles unha onza do ser galego, e repartida entre todos, está a andamiaxe completa da nosa xente. Por iso, cando un remata de ler estas semblanzas de paisanos de todos nós, ten a impresión de que acaba de poñerse de cóbados sobre o peitoril dun puzo fondo e escuro, pero do que ó fin un remata bebendo unha auga limpa e fresca, capaz de aliviar a sede de cantos teñen necesidade de satisfacer os seus anceios de amistade, de amor ou de simple curiosidade. Que pode ser a de saber como somos.
Aqui están, rescatados do olvido pola maxia de Álvaro Cunqueiro, o picapleitos Somoza de Leiva, que tiña un can que só lle ladraba á parte contraria; e Rello de Pontemil, un tipo calado, que pasaba a vida vendo xogar ó tute e que non xogaba porque non sabía subastar e sempre contaba de máis; ou Leiras de Parada, que adormecía os capós con prosa de artículos de prensa que valían máis para o cometido que tres cobertores ou media botella de tres cepas. Xente nosa, verdadeira. Un espello do país.

"Mar ao norde (1932)"

(1)

SOL:
Cinco fiestras colgadas
da mesma alba rosa:
vivas,
        intactas,
                    núas,
con arelas de mans,
coma espellos de mastros.

SOMBRA:
Cinco fiestras colgadas
da mesma alba turba:
quedas,
           chás,
                  duras,
sin afáns de presencia,
sin afáns de fuxida.

SEMPRE:
Cinco fiestras: soio.

 

  1. Cantos libros publicou ata o momento?

Varios, e de diferentes temáticas

  1. Cando comezou a súa afección por escribir libros?

Dende moi pequeno, eu era un deses nenos que sempre quería un conto máis. Os vellos da aldea e o meu primeiro mestre tiveron moito que ver, tamén as corredoiras e a lareira onde eu estaba sempre disposto a escoitar. 

"Contravento" é unha composición instrumental de Xosé Ramón Vázquez, compositor, arreglista e intérprete dos teclados do grupo folk galego Fía na Roca.

A estructura formal consta de tres temas de oito compases con variacións instrumentais.

Aquí tes a páxina do grupo www.fianaroca.com/ca/web/index.php

288 Artigos |   | 1  |   | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.