Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / 100 primaveras máis lendo en galego / Libros de Álvaro Cunqueiro
Xente de aquí e de acolá
Editorial Galaxia.
6ª Edición Vigo 1987 ISBN 84-7154-183-3
Deseño da portada: F Mantecón
 
 
 

Un dos xéneros literarios que Álvaro Cunqueiro (1911-1981) cultivou con máis dedicación e acerto foi o do retrato, é dicir, a invención de personaxes aillados, sen unha función narrativa maior, dispostos para ser contemplados na súa singularidade, suficientes por si mesmos, donos de vida propria. A primeira serie deles apareceu en Escola de menciñeiros (Galaxia, 1960) e versaban todos sobre o mundo dos individuos de que fala o título, tan presentes na Galicia rural de hai aínda poucos anos. A segunda foi esta que reeditamos hoxe, que poderia formar parte ademais dunha triloxía na que habería que incluír tamén Os outros feirantes (Galaxia, 1979).
Como dixo o autor destas páxinas, nos retratos de Xente de oqul e de acolá hai en cada un deles unha onza do ser galego, e repartida entre todos, está a andamiaxe completa da nosa xente. Por iso, cando un remata de ler estas semblanzas de paisanos de todos nós, ten a impresión de que acaba de poñerse de cóbados sobre o peitoril dun puzo fondo e escuro, pero do que ó fin un remata bebendo unha auga limpa e fresca, capaz de aliviar a sede de cantos teñen necesidade de satisfacer os seus anceios de amistade, de amor ou de simple curiosidade. Que pode ser a de saber como somos.
Aqui están, rescatados do olvido pola maxia de Álvaro Cunqueiro, o picapleitos Somoza de Leiva, que tiña un can que só lle ladraba á parte contraria; e Rello de Pontemil, un tipo calado, que pasaba a vida vendo xogar ó tute e que non xogaba porque non sabía subastar e sempre contaba de máis; ou Leiras de Parada, que adormecía os capós con prosa de artículos de prensa que valían máis para o cometido que tres cobertores ou media botella de tres cepas. Xente nosa, verdadeira. Un espello do país.


Este é un dos 49 retratos que ten este libro. Cantos pensa ler?

 

SOMOZA DE LEIVA 

Onte entréi nunha tasca en cuias paredes colgaban doce estampas, imprentadas no l899 en BerIín, nas que se contaba a historia de don Hernán Cortés, coa conquista de México e os amores do cabaleiro coa “lengua” Marina. E acordéime entón de Somoza de Leiva. Iste Somoza, de Leiva –Leiva está nun alto, entre castiñeiros, en Terra de Miranda, e nunca vin lugar con máis fontes-, servira ao rei no Reximente de Otumba, e dende entón quedáralle un amor polo señor marqués del Valle de Oajaca e as súas andanzas mexicanas, e sabía todo da Noite Triste, e en Lugo mercara isas mesmas doce estampas que eu estaba vendo agora na taberna, e tíñaas colgadas nas escadeiras e no comedor da casa. Sendo eu neno, fun acolá á festa de San Bartolo, e Somoza, que xa daquela estaba algo coxo da roedura dunha nutria no bao de Sigueiro, lelame o testo de cada episodio, e solprendfase, sendo bilingüe a literatura a pe de estampa, que eu llo lese en francés.
-Mira que pernas gordas!
E amosábame as pernas de Marina, brancas e redondas. Marina estábase mirando nun espello co que a agasallara o señor capitán.
Somoza era memorialista, perito aficioado e picapleitos. Dunha viaxe que fixo a Baños de Molgas trouxo a Leiva un can raro, a capa marela con manchas mouras, bragado en branco, e que mexaba erguéndose das patas traseiras. Era un can triste e calado, ,que comía as mazás caídas no
prado, e si escoitaba zumbar as abellas, poñíase a paralas, agachado, coma si foran perdices.
-Ese can non val nada!, díxolle meu primo de Trasmontes a Somoza.
-Pois é o pedido pra un letrado!, contestóu So moza.
E vai e acraróulle ao meu primo que era o máis intelixente dos cas que nunca coñecera, e que pra un abogado de Lugo coma Pepe Benito, ou de Madrid como Soto Reguera, non tiña precio.
-E un can que soio lle ladra á parte contraria!
Si Somoza andaba correndo cos pleitos dalgún veciño e chegaba alguén de consulta, e o can ladraba, era que o visitante viña, mañoso, a enredar no asunto. O can daba os testigos favorables, e os contrarios ou falsos. Nunca fallaba. Cando o can adoecéu e cegóu, Somoza Ievóuno a Lugo, ao oculista Gasalla. Levóuno metido nun cesto, mui envoltiño nunha manta zamorana.Iban pola praza de Santo Domingo, e o can, dende o cesto, ladróu. Somoza paróuse e miróu por ver que pasaba, e pasaba cara a rúa de San Marcos o gardarríos de Crecente, que lle puñera unha multa…
Esquecíaseme decir que o can chamábase Moctezuma.

Podes descargar en PDF aquí ou velo na pestana “Máis materiais do EDLG” que aparece no cabeceiro da revista

Achegamento á obra e fomento da lectura



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.