Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Dende Korzcyna (Polonia)

Ola I.E.S Félix Muriel:
Escríbovos dende Korzcyna, na Galicja polaca. Xa levo aquí case un mes e aínda me quedan un montón de cousas por ver e aprender. O tempo está pasando rápido. Vouvos explicar un pouco as cousas que fixen neste mes.
Asistín a un concurso de bombeiros,

 estiven en Cracovia nun sitio relacionado coa ciencia e cos experimentos,

onde tamén había unha exposición de coches, motos e tranvías antigos,

visitei Krosno e un pobo cerca de Krosno, visitei Varsovia e coñecín as igrexas e monumentos da capital polaca

e tamén a dúas rapazas españolas, visitei Eslovaquia onde asistín a un campionato deportivo, asistín a dous actos que se celebraron no colexio, un era relacionado coa Segunda Guerra Mundial e o outro celebrouse porque o instituto cumpriu vinte e cinco anos dende a súa inauguración. Nestes actos, os alumnos falaron, cantaron, bailaron danzas típicas de Polonia, realizaron unha pequena obra de teatro, e incluso houbo actuacións de Boyscauts, e animadoras. E cando chegue a neve (que parece ser pronto) irei a esquiar ca miña familia e por suposto estou aprendendo polaco, e coñecín a moita xente.

Korzcyna é un pobo moi bonito, máis pequeno ca Rianxo, pero con moitas casiñas cheas de flores e unha gran igrexa no centro do pobo.

E a experiencia que estou vivindo creo que vai ser algo que recorde sempre, e creo que todos deberiades vivir algo así, porque coñeces outro país, outra cultura, outra xente, outro tipo de vida, outro idioma, e é moi interesante. Eu aquí estou moi contenta e espero que para o ano, algúns de vós tamén vivades isto, e eu tamén, si podo repetir.

Moitos bicos e saúdos.

Sarela Betanzos Freire.

Sarela Betanzos



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.