Imaxe de cabeceira
RianxoFala Radio

As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)

Artigos nesta sección:

20180612_122155_HDR

  • Día do libro e actividades realizadas na biblioteca
  • Saída a Mérida e ao Parque de Monfragüe – Entrevista a Camilo Basadre
  • Saída didaćtica dos alumnos e alumnas de terceiro da ESO a Londres.
  • “EL BARBERO MUNICIPAL” entrevista a Antonio Calvo
  • Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego – Entrevista a Ricardo Losada
  • Paula Cambeses foi a campiona de Galicia da olimpíada de química
  • Entrevista a Martina, a nosa orientadora
  • Entrevista á xornalista Paula Riveiro.
  • Deportes

video p7

IMG-20180621-WA0001Neste programa, o alumnado do EDNL que participa no proxecto de radio RianxoFala, súmase ós actos que organiza o concello de Rianxo  coa gravación dun  monográfico especial no que tratamos os seguintes temas:

  • As orixes do Día do Orgullo Gai
  • A diversidade sexual, unha riqueza da natureza
  • Entrevista a Pablo García Lorenzo, rianxeiro mestre de Edu. Infantil e inglés quen relata a súa experiencia persoal.
  • Divulgación dos actos organizados polo concello de Rianxo coa finalidade de reivindicar e potenciar entre a veciñanza o respecto cara á diversidade sexual e de xénero.

Agardamos este programa especial sexa do voso agrado e así, dende Rianxo Fala,  contribuír á visibilización e respecto polas persoas  independentemente cal sexa a  súa opción ou condición sexual.

20180612_122223_HDR- Novas en Rianxo

  • Viaxe a Mérida-1º de bacharelato
  • Youtubeiros e youtubeiras no Félix Muriel”

•   Entrevistas a :•    Miguel Silva (Aquel-e)  e     Juan Frieiro (O Choio)

  • Normalizando o galego
  • Martín Castro gaña un premio de música de vento en Tailandia
  • 25 de abril, o día dos cravos
  • Reportaxe sobre: “as mulleres mula”
  • O deporte galego fala galego
P5-1 Con bastante retraso colgamos o Podcast do Programa 5 da nosa Radio RianxoFala. Fixeramos un programa especial para o 8 de marzo. A verdade é que nos levou moito tempo preparalo. Estivemos todo o mes de febreiro coa redacción e preparando as entrevistas, pero ao final saíu. Así que ides poder informarvos sobre:

Alumnado do proxecto de radio RIANXO FALA durante a visita ás instalacións da RTVG e a entrevista improvisada que Kiko Novoa e Carlos Jiménez, lles fixeron en directo durante a emisión do programa Galicia por diante.

IMG-1O pasado mércores 23 de maIMG-g2io, o alumnado que participa no proxecto de radio Rianxo Fala, visitou as instalacións da RTVG . O percorrido estivo guiado polo responsable o arquivo sonoro, Carlos Lozano, quen lle explicou ao alumnado asistente como funcionan os diferentes departamentos desta institución e como se realiza un programa de radio. Durante a visita, unha representación dos asistentes tiveron a ocasión de participar en directo no programa  “Galicia por diante”  que dirixen  Kiko Novoa e Carlos Jiménez. A xornalista Belén Regueira que tamén estivo  presente no programa, mostrou especial interese polo traballo desenvolvido na nosa emisora Rianxo Falae sacou unha fotografía co grupo.

IMG_20180206_140129_864Rapazada de 1º ESO, moi ilusionada coa radio pero con aínda moi pouca experiencia, aceptou o reto de facer un programa especial dedicado ao deporte,  tema escollido para conmemorar este ano o Día Mundial da Radio, que se celebra o 13 de febreiro. E fixérono moi, moi ben!  Parabéns para o grupo e felicitacións por tanto esforzo.

Desde o ENDL, quixemos que RianxoFala se sumase á iniciativa que nos chegou desde “Ponte nas ondas”, e aquí queda a nosa contribución que enviamos para “Escolas nas ondas”. Esperemos que vos guste.

O noso agradecemento a Chema Bará e a Ánxela Diéguez, polos obradoiros e a axuda recibida.

Facendo a primeira proba para a gravación do programa de radio RIANXO FALA dedicado ós deportes polo alumnado participante neste proxecto radiofónico do IES Félix Muriel. Na seguinte noticia tendes o podcast do programa completo.

41 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.