As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)
Acabamos de colgar na páxina “Rianxo fala” o programa número 8, último deste curso, emitido o pasado 16 de xuño.
Acabamos de colgar na páxina “Rianxo fala” os programas de radio número 6 e número 7. En breve vai saír o número 8, último deste curso. Se aínda non os escoitastes, non deixedes de facelo. Xa sabedes, noticias, boas entrevistas (a Aida Saco e a Xiao Berlai) e boa música.
Acabamos de colgar na páxina “Rianxo fala” o programa nº 5
Aquí temos os programas 3 e 4 de Radio Rianxo
Comezamos a edición de 2017 de Radio Rianxo – Se aínda non tivestes a oportunidade de escoitarnos., deixámosvos aquí o enlace ao Programa 1. Temos emitidos 3, que gravamos para que poidades escoitar na páxina RianxoFala e tamén desde aquí. Un grupo de redactores e redactoras: David Galbán, María Domínguez, Andrea Refoxo, Lía Ordóñez fixeron posible a arrancada deste temporada. Temporada que non sería posible sen a colaboración de Aida Barros que estivo na dirección e axudou na locución e mais de Brais Rodríguez na parte técnica.
Tamén se estrearon na locución tres alumnos de 1º ESO que estiveron aprendendo dos maiores nos dous primeiros programas, gravando xa eles o terceiro. Non deixedes de escoitalos todos en RianxoFala
Rianxo Fala é o título do primeiro programa de Radio do ENDL do noso IES. Vimos de crear Radio Rianxo Félix Muriel, ou o que é o mesmo: Radio Rianxo FM. E xa estamos nas ondas!
Neste primeiro enlace tendes desde unha reportaxe sobre a LOMCE (con opinións da orientadora, director e alumnado do centro) ata unha entrevista ao poeta rianxeiro, gañador do Premio nacional de poesía, Gonzalo Hermo. Sen esquecer un concurso musical…Escoitádenos e non esquezades a continuación votar a vosa canción preferida.
Neste segundo enlace, información e… a RadioFicción… Cos mellores actores e actrices. Non o perdades!