As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)
Sen telo contemplado a principio de curso, participamos nunha proposta dun intercambio lingüístico e cultural co ENDL do Milladorio a través da radio; que deu lugar, neste mes de xuño, á realización de catro podcast conxuntos entre o alumnado do noso centro e o do IES Milladorio. O nome: “Mentes referentes“, obedece a que o obxectivo principal fose que o alumnado de cada centro localizase “mentes referentes” do seu concello, que traballasen en galego, e que llas presentase ao alumnado do outro instituto para que este preparase a correspondente entrevista.
Con este esquema de traballo estivemos no terceiro trimestre e, aínda que parte do proceso se desenvolveu de xeito virtual, argallamos dúas mañás de convivio e traballo conxunto que deron moi bos resultados. O mércores 8 de xuño foi o primeiro encontro en Rianxo, para que as reporteiras do Milladoiro entrevistaran a dúas mulleres referentes do noso concello: Maruxa Miguéns (do mítico grupo Os Rosales) e Sabela Galbán (compoñente do Cuarteto de biselas, Carapaus, Sés..) . Logo o pasado luns 20 RianxoFala trasládase ao Milladoiro para entrevistaren a Inés Suarez, integrante do grupo de música tradicional do concello de Milladoiro “As maianas” e mais á xornalista, presentadora da TVG, Susana López Carbia.
En ambos encontros compartimos, ademais dos estudos de gravación, unha troca de experiencias e de xeitos de traballar, que deu moi bos froitos, de feito temos pensado continuar no vindeiro cursos.
No Día das Letras Galegas temos o pracer de presentarvos a entrevista que os nosos colaboradores de Radio Rianxofala, Marco Bravo e Mario Viñas, lle fixeron a tres alumnas do noso IES que obtieron premios no certame Minerva: Noelia Fernández (segundo premio de narrativa), Paula Tubío ( segundo premio en poesía) e Alba Comojo (accésit en poesía)
Os nosos parabéns a esta nova xeración de escritoras!!
Animámosvos a escoitar a súa entrevista: https://youtu.be/I4Yddi29ESk
O día 6 de abril, dentro do Ciclo Camiñando entre mulleres 2021, tivemos o pracer de contar coa presenza de Alba Cid, gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por “Atlas”, quen na súa charla “Poemas para enviar unha nova cartografía” reflexionou ao redor da necesidade da poesía na actualidade
Finalizada a charla, as nosas colaboradoras de Radio Rianxofala, Noelia e Antía, entrevistárona:
As reporteiras de Radio Rianxofala Marta Figueiras e Celia Arcos, coa axuda da nosa técnica Marta Domínguez, entrevistaron a Noa Moares, quen organizou unha venda de pulseiras para recaudar fondos para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) o día 15 de febreiro, día contra o Cancro Infantil.
O 21 de febreiro e dentro das actividades do Ciclo Camiñando entre mulleres, o noso alumnado de 1º de ESO tivo o pracer de desfrutar dun obradoiro impartido pola regueifeira Lupe Blanco.
Este mes, Marta Valladares, locutora de Radio Rianxo Fala, tivo o pracer de poder entrevistar a Pilar Pérez, profesora de Tecnoloxía no noso IES
Noa Moares e Marta Valladres entrevistaron recentemente para Radio RianxoFala a María Xosé Silvar, máis coñecida como “Sés”, e a Sabela Galbán, artista rianxeira e colaboradora habitual nos concertos de Sés.
O encontro radiofónico transcorre entre lembranzas das súas respectivas infancias, formación musical, inquedanzas e o seu facer como defensoras da nosa lingua.
Dúas grandes artistas para sentilas e escoitalas.
Desfrutade desta audición!
Marta Valladares entrevista a Paz Filgueira, xuíza titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, que veu a dar unha Charla no noso IES durante a Semana da Diversidade
Vídeo da entrevista:
Entrevista completa en Radio RianxoFala: