Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

O pasado 3 de abril o alumnado de 4º de ESO e 2º de bacharelato visitamos o I.G.A.F.A. (Instituto Galego de Formación en Acuicultura). A saída estaba organizada polo departamento de Física e Química así que fomos acompañados por Pepa e Mónica.

Á nosa chegada á Illa de Arousa, que é onde está o IGAFA, fomos recibidos por dous profesores dos ciclos medio e superior de acuicultura que actuaron como guías. Ensinánronnos as instalacións do centro e  déronnos a información necesaria sobre os ciclos que eles imparten, incluído o ciclo medio de mergullo a media profundidade. Visitamos os tanques onde crían os peixes, moluscos e crustáceos, ademais do fitoplacton e zooplacton para alimentalos. Tamén nos ensinaron a batea e gaiolas para peixes e crustáceos que teñen no mar para que os alumnos fagan as prácticas, a cámara de presión, material de mergullo e as piscinas onde se practican as inmersións, soldadura baixo a auga … Esta visita levounos máis do previsto polo que non nos deu tempo a facer un percorrido polo contorno como tiñamos pensado, así que despois de visitar a cafetería do centro voltamos para Rianxo.

X. Ricardo Losada (Rianxo, 1961), profesor de filosofía no IES Espiñeira de Boiro. É socio fundador e secretario da Asociación Cultural Barbantia. Publicou o libro de relatos O xene da chuvia e o ensaio Premio Faustino Rey Romero. Dez anos de poesía. Colabora no suplemento cultural A voz de Barbantia, en varias revistas culturais e publicou relatos nos libros colectivos Voces da guerra e Luces da cidade, entre outros.

Mes de abril de 2009.

120 mozos do Centro de Estudos Galegos da Universidade de París e de colexios e institutos do Bierzo chegaron a Galicia para coñecer máis o dioma e a cultura que estudan. As viaxes están organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Marisol López, secretaria xeral en funcions informounos na primeira xornada dos proxectos que está levando a cabo a Xunta para fomentar o uso do galego nos distintos ámbitos da sociedade.

A primeira semana á volta de Semana Santa desenvolveuse a Semana Cultural no noso IES. O alumnado de 2º de Bach. tivemos oportunidade de ir a un par de charlas.

   A décimo quinta edición do Rallye do Cocido, que se celebrou en Lalín os días 13 e 14 de marzo, contou con varias novidades respecto á edición pasada. Para empezar, o Rallye do Cocido 2009 engadiu un sector máis respecto á edición pasada.

A Escudería Lalín-Deza deu a coñecer anticipadamente os cinco tramos  da edición deste ano, e na que se apreciaron importantes novidades. O coñecido tramo de Rodeiro desapareceu, e os pilotos tiveron que afrontar unha nova especial bautizada como Monte do Faro que  pasou a ser o primeiro tramo da mañá, cunha lonxitude de 11,7 kilómetros. Seguindo coas novidades, Lalín-Deza apostou por dar descanso ó tramo de Ponteamoas, e introducir outro novo trazado, o de O Couto, cunha lonxitude de 15,9 quilómetros.

   Respecto á edición do 2007 o Rallye do Cocido 2009 recuperou o trazado de Doade, aínda que con cambios , 6 novos quilómetros que pecharon a xornada matutina.

 

    Pola tarde a pericia dos participantes foi posta á proba no  novo tramo de Carmoega, que arrincou cunha aguda baixada de 11,7 qiilómetros. De terras agolenses, os pilotos dirixíronse de novo a Lalín para recorrer un dos tramos míticos do Cocido, o sector de Saborida, con 12,5 quilómetros, que destaca por ser un treito rápido e técnico.

 

    Os pilotos que participaron no Rallye do Cocido, segunda proba del Campionato Galego, estaban obrigados a dar dúas pasadas a cada un dos cinco tramos. A primeira pasada ó trazado inaugural (monte do faro) estába previsto  para as 8.58  hs a mañá e a segunda ás 12:09 hs as pasadas polo seguinte tramo (O Couto)  ás 9:51 hs e a segunda ás 13:02 hs descanso para comer. O seguinte (o de Doade) ás 13:40 hs e ás 17:51 hs, a continuación parada por Carmoega ás 16:48 hs e ás 20:07 hs. E xa por último, a Saborida  ás 18:14  hs e  a pasada final que foi ás 21.10 horas. Para rematar, fíxose a entrega de trofeos ós gañadores.

 

Os 10 primeiros clasificados foron os seguintes:

  1. Jose Miguel Martínez – Manuel Campos / Peugeot 396 Kit Car

  2. Fernando Rico – Sergio Martínez / Mitsubishi Evo8

  3. Alberto Meira – Alvaro Bañobre / Mitsubishi Evo9

  4. Jonathan Pérez – Enrique Velasco / Renault Clio R3

  5. Manuel Filloy – José Benjamín Murado / Mitsubishi Evo6

  6. David Grandal – Javier Varela / Citroen C2 GT

  7. Adrián Díaz – Cesar Díaz / Peugeot 206 XS

  8. Emilio Figueiras – Victor Blanco / Peugeto 206 XS

  9. Alejando Bermúdez – Miguel Ángel Pérez / Mitsubishi Evo8

  10. Celestino Iglesias – Jorge Iglesias / Citroen Saxo VTS


 

A adolescencia de Piñeiro transcorreu case toda na aldea, aínda que antes estivo en Lugo estudando os cursos do bacharelato elemental. En Láncara fixo a vida propia dos nenos do campo: axudar na arada e na sega, leva-las vacas ó monte e realiza-los traballos que correspondía ós rapaces campesiños da súa idade.

 

 

É unha forma de contaminación atmosférica que actualmente é  obxecto de gran controversia debido aos extensos danos medioambientais que se lle atribúen. Fórmase cando os óxidos de xofre e nitróxeno se combinan coa humidade atmosférica para formar ácido sulfúrico e nítrico, que poden ser arrastrados a grandes distancias do seu lugar de orixe antes de se depositaren en forma de choiva. Adopta tamén ás veces a forma de neve ou néboa, ó precipitarse en forma sólida.

O sábado 28 de marzo, tal e como xa anunciamos hai un par de semanas, tivo lugar no Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela) unha xuntanza de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística á que se adheriron uns 120 equipos. Nesa convocatoria, acordouse o seguinte:

1.       Convídase a todos os Equipos de Normalización a apoiar o texto, que se atopa no documento anexo, e que foi resultado do debate e as modificacións que se fixeron ao borrador inicial que levaron á xuntanza o grupo de docentes que fixo a convocatoria. Hai dúas maneiras de achegar o apoio dos equipos:

a. Enviando un fax ao número 981800064, no que se identifique o centro educativo e o concello no que está situado, así como o nome e apelidos do coordinador ou coordinadora xunto co seu número de DNI e o seu correo de contacto para facilitar a comunicación directa cos equipos no futuro.

b. A través da páxina web http://www.coordinadoraendl.org/, habilitada expresamente para este fin, que reproduce o texto e solicita os datos identificativos do ENDL e o/a coordinador/a.

 
2. Así mesmo, o sábado 18 de abril ás 10:45 quedamos convocados á entrada da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela para ás 11:00 darlle entrada no Rexistro da Xunta a este documento avalado polos ENDL. Esta é unha primeira entrega de sinaturas. Posteriormente, faranse novas entregas de sinaturas a medida que se vaia desenvolvendo a campaña de recollida de adhesións dos equipos. É importante que se achegue o maior número de persoas a este primeiro acto público.

3. Posteriormente, ás 11:30 dará comezo a asemblea constitutiva da Coordinadora Galega de ENDL no MUPEGA, Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, Santiago de Compostela). Se hai algún cambio de localización do encontro, será comunicado.

786 Artigos |   | 1  |   | 84  | 85  | 86  | 87  | 88  | 89  | 90  | 91  | 92  | 93  | 94  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.