O pasado día 15 de abril, na cidade de Ourense, presentouse a traducción do libro máis importante de Eduardo Blanco Amor ao inglés, libro que xa conta con traduccións ao italiano e ao francés.
Á presentación acudiron numerosas persoas; entre eles estiveron o conselleiro de Cultura , Xesús Vázquez ; o director da producción da editorial Galaxia, Xosé Soutollo; o autor da traducción Craig Patterson ;o presidente do Centro PEN de Galicia, Luis González Tosar e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ademais da sobriña-neta de Blanco Amor para falar deste traballo.
O titulo da “esmorga” traduciuse como “On a bender”. Craig Patterson destacou o especial deste traballo a pesar do difícil que foi a súa traducción.
Na traducción interviron os periodistas Xosé Fraga , Xavier Cid e Xosé Dasilva, profesor da universidade de Vigo, que restaurou no 2010 partes censuradas polo franquismo, incluídas nesta tradución.
Ao finalizar a presentación da tradución do libro o presidente de PEN de Galicia e o tradutor da obra leron uns parágrafos en galego e en inglés ante numerosas persoas da cidade ourensá, entre eles o presidente da Deputación que tamén se animou a ler un anaco do libro da lingua de Shakespeare.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]