Imaxe de cabeceira

Presentamos uns fragmentos da interesante actuación deste xaponés que nos deu a coñecer o seu país e mais que nos cantou a rianxeira cun instrumento xaponés. Se queredes saber máis sobre a actuación lede as crónicas de Lucía Triñanes e Elísabet Lajos.

A charla que tivemos sobre o integracionismo, é dicir, unha vertente lingüística que apoia que o galego e o portugués son a mesma lingua, foi moi amena debido á abundante participación, pero non se puido chegar a ningún acordo debido ás diversas opinións.

Eu non estou nada dacordo coa persoa que nos deu a charla xa que, a pesar do pasado en común do galego e o portugués agora xa non son a mesma lingua. Ademais, afirmouse que a normativa que temos na escrita non é correcta, pero polo menos temos xa unha escrita, a que tanto necesitamos e que tan tardía tivemos. Tamén se dixo, que os profesores non dicían todo o que tiñan que dicir da historia de Galicia pero, na miña opinión, si que o din xa que, por exemplo, o da orixe dos suevos (que ela puxo de exemplo) aprendémolo na escola.

O vindeiro 1 de maio de 2010, a Banda da Escola de Música de Rianxo cumpre xa 7 anos, e celebrarémolo cun concerto ás 13:00 h no Auditorio de Rianxo. Trátase dun concerto monográfico do noso compañeiro Antón Alcalde, xoven compositor rianxeiro.

O programa será o seguinte:

· Rúa da Fonte (pd) (*)

· Suite Galaica.

· Pinocho.

· Serengetti. (*)

· Pórtico.

· Contos da Aldeia. (*)

(*)Estreas.

 O pasado mércores día 14 de abril tivemos unha charla-debate titulada “O reintegracionismo: outra vía para o galego”

Xa dende o comezo da charla a expositora tentou convencer ao público de que o galego e o potugués eran a mesma lingua, utilizando tódolos argumentos necesarios, fosen certos ou erróneos.

O pasado luns día 19 realizamos un intercambio co IES de Rodeira en Cangas.

En Cangas fixemos varias actividades todas elas divertidas. Primeiro uns xogos na praia que hai detrás do seu instituto cos cales comezamos a coñecer a os rapaces/as e facer grupos para visitar Cangas. Logo de visitar esa vila tan bonita collemos un autobús para visitar en primeiro lugar o cruceiro de Hio e logo fomos ata Cabo Home no que había unhas grandes vistas das illas Cíes e por último despois de unha camiñata e da comida pasamos unha gran tarde na praia de Melide. Foi unha experiencia moi divertida. Un día especial!

Unha noite de encontro e festa arredor da nosa música e baile tradicional no que non faltarán alimentos para repoñer as forzas dos bailadores e bailadoras. Senón hai novidade poderase celebrar ao aire libre, no Campo, a rentes do Concello. Sen embargo está reservada a lonxa (grazas Confraría de Pescadores) por se chove.

Entre outros grupos de gaitas e pandeireteiras asistirán:

· A requinta da Laxeira

· Gaiteiros de Liñares

· Os campantes da Baña

· Novas amistades de Nespereira

· As Anduriñas de Pazos de Borbén

· O Lecer de Pazos de Borbén

· Pandeireteiras de Santa Bárbara de Toutón

· Pandeireteiras de A Ermida

· Pandeireteiras de San Vicente de Oitavén

· As Dignas do Querer de Laxoso (Pontecaldelas)

· Pandeireteiras de Regodobargo.

Entre outros.

A charla dada o día nove deste mes con motivo da semana cultural tratou sobre o dereito, explicóusenos diversas cousas sobre as normas ao meu parecer moi interesantes porque é algo que usamos a cotío e nos axuda. A forma de expoñer non estivo nada mal, desta o que máis me gustou foi a presenza de diapositivas, as cales contiñan numerosas fotografías, tamén estivo ben o vocabulario usado, acorde co dos alumnos de 3º de ESO, o cal é un punto ao seu favor porque permite unha maior comprensión e fai que sexa máis levadeira, outro factor importante foi o ton do narrador, sempre constante e moderado coas pausas pertinentes.

Como estaba programado polo proxecto Comenius os nosos compañeiros e alumnos de 3º de ESO: Adriana, Amaro e Adrián acompañados dos profesores: Rosa e Xavier marcharon para Polonia o día 12 e permaneceran alí ate o 18, na cidade de Korzcyna.

Enviáronos unhas fotos dende alí que colgaremos debaixo do artigo. Non temos moitas noticias deles pero o que sabemos seguro é que están disfrutando moitísimo, coñecendo as costumes dos Polacos e praticando inglés. Ademais levaban previsto visitar as cidades polacas de Krosno e Cracovia e mais Bardejov en Eslovaquia. Cando volvan e nos conten as súas experiencias aquí escribiremos algunhas delas.

2281 Artigos |   | 1  |   | 242  | 243  | 244  | 245  | 246  | 247  | 248  | 249  | 250  | 251  | 252  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.