Imaxe de cabeceira
O IES rebole
O reintegracionismo: unha vía para o galego???

 O pasado mércores día 14 de abril tivemos unha charla-debate titulada “O reintegracionismo: outra vía para o galego”

Xa dende o comezo da charla a expositora tentou convencer ao público de que o galego e o potugués eran a mesma lingua, utilizando tódolos argumentos necesarios, fosen certos ou erróneos.

Púidose observar o intento tan só de dar exposición a aquilo que favorecía a súa postura, pero nunca daquilo que ía contra ela, onde se ve claramente a debilidade das súas teorías. Nestas hai un ataque mortal directo á lingua galega, acusándoa de inexistente debido á súa igualdade co portugués. Incapaz de recibir críticas quéixase desta verdade exposta acusándoa de insulto cara a súa persoa, cando incluso a diferenza entre as linguas está demostrada e corraborada por lingüistas internacionais e galegos.

Cabe destacar a súa falta de respeto cara os contrargumentos e ideas do centro e alumnos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.