Imaxe de cabeceira
O IES rebole
A miña opinión sobre a charla do integracionismo

A charla que tivemos sobre o integracionismo, é dicir, unha vertente lingüística que apoia que o galego e o portugués son a mesma lingua, foi moi amena debido á abundante participación, pero non se puido chegar a ningún acordo debido ás diversas opinións.

Eu non estou nada dacordo coa persoa que nos deu a charla xa que, a pesar do pasado en común do galego e o portugués agora xa non son a mesma lingua. Ademais, afirmouse que a normativa que temos na escrita non é correcta, pero polo menos temos xa unha escrita, a que tanto necesitamos e que tan tardía tivemos. Tamén se dixo, que os profesores non dicían todo o que tiñan que dicir da historia de Galicia pero, na miña opinión, si que o din xa que, por exemplo, o da orixe dos suevos (que ela puxo de exemplo) aprendémolo na escola.

Por outra banda, certo é que á hora de pensar en xuntar o galego co portugués ou co castelán, o castelán foi o que lle fixo dano; pero, por que pensar en unir dúas linguas, para min, diferentes? Así como o portugués e o galego foron  a mesma lingua, todas as linguas romances proceden do latín.

En resumo, para min o galego é unha lingua independente e eu só me identifico con ela e non co castelán ou co portugués, pero certo é que se non protexemos o galego quizais a única posibilidade de que sobreviva sexa uníndoa ao portugués.

Raquel, 2ºBach.B



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.