Imaxe de cabeceira

Barahúnda é o proxecto musical integrado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro. Este grupo, que se caracteriza pola capacidade de evocar sensacións coa música, desenvolve un estilo folk con raíces históricas e é quen de imprimir un carácter moi persoal nas súas composicións. As súas interpretacións están recollidas nos discos “Al sol de […]

As cantigas galego-portuguesas son un dos patrimonios medievais máis ricos da Península Ibérica. Foron producidas durante un período de cerca de 150 anos, que vai xenericamente de finais do século XII a mediados do século XIV. Na orixe da arte trobadoresca galego-portuguesa está a arte dos trobadores provenzais, movemento artístico nacido no sur de Francia […]

DIANA FRANCO (1ºBAC-A)

Galicia definitivamente atopou cura para a febre do informe PISA, a pesar de que a deberá seguir tratando. O conselleiro de educación, Jesús Vázquez, mostra a súa satisfación por semellante logro. Pero deberemos pararnos aquí? Debemos conformarnos con saír ben parados no campo da comprensión lectora e en ciencia? Segundo o noso conselleiro de educación, non. Aínda que podemos dicir que Galicia goza de boa saúde ante esta febre con respecto a outras comunidades, non se pode considerar de todo curada posto que o noso nivel en matemáticas vese timidamente empeorado con respecto aos balances de ciencias e comprensión lectora, cuxa mellora débese ao papel fundamental que interpretaron as bibliotecas escolares.

Antes de finalizar o primeiro triRoteiro Castelao 3mestre, o alumnado de 1º e 2º ESO percorreron Pontevedra, realizando o roteiro de Castelao. Aquí vos deixamos imaxes da saída didáctica, na Praza da Ferreiría e no Eirado da Leña.

Tic-Tac, a máis famosa obra do escritor compostelán Suso de Toro, cumpriu vinte anos. Mais a súa  modernidade parece perdurar no tempo, a xulgar polas lecturas que dela fixeron @s alum@s de 1º de Bacharelato. Aquí van algunhas mostras das súas tarefas finais…


ANTÍA SAMPEDRO (1º BACH-B)

BLOGUE: UNHA LECTURA DE TIC-TAC POR ANTÍA SAMPEDRO

Manuel Rubén (4ºESO C) deixounos a crónica da visita do contador de historias Jorge Serafim

O día tres de decembro o portugués Jorge Serafim, contador de historias, visitounos na aula de usos múltiples.

jorge serafim 1

Aldara Muíños e Aida Saco fixeron unha presentación dunha pequena parte do proxecto Rianxo Fala que realizamos o curso pasado e que vén de levar o 1º Premio ás boas prácticas na mellora da aprendizaxe e uso do galego.

Pechamos o ano fóra do IES Felix Muriel, mais deixámolo así de decorado grazas á colaboración das limpadoras que nolo puxeron moi bonito.

Nadal 2013-7Coa árbore que fixeron para o novo local do ENDL, todo o Equpo queremos desexar aos lectores do Bico da ría

FELIZ 2014

PARA TODOS E TODAS

E TAMÉN PARA A NOSA LINGUA

 

 

2281 Artigos |   | 1  |   | 146  | 147  | 148  | 149  | 150  | 151  | 152  | 153  | 154  | 155  | 156  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.