Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Loita de cerebros

DIANA FRANCO (1ºBAC-A)

Galicia definitivamente atopou cura para a febre do informe PISA, a pesar de que a deberá seguir tratando. O conselleiro de educación, Jesús Vázquez, mostra a súa satisfación por semellante logro. Pero deberemos pararnos aquí? Debemos conformarnos con saír ben parados no campo da comprensión lectora e en ciencia? Segundo o noso conselleiro de educación, non. Aínda que podemos dicir que Galicia goza de boa saúde ante esta febre con respecto a outras comunidades, non se pode considerar de todo curada posto que o noso nivel en matemáticas vese timidamente empeorado con respecto aos balances de ciencias e comprensión lectora, cuxa mellora débese ao papel fundamental que interpretaron as bibliotecas escolares.
Pero de verdade estamos tan ben como nos fan crer ou simplemente é unha fachada para que nos conformemos con “salvarnos” neste ranking de popularidade intelectual? Lévanse a cabo o “reforzo” no campo que xogamos na corda frouxa, as matemáticas? Pois coa miña humilde opinión non serviría un simple reforzo para subir chanzos nunha escaleira na que acabamos de poñer un pé, porque mentres nós subimos ese chanzo outros xa estarán enriba e moitos subirán en ascensor deixándonos na mesma situación na que nos atopamosna actualidade con respecto aos demais. Estará ben mellorar pero deberá ser unha mellora a pasos axigantados para chegar a ter boa posición neste ranking. Como estudante que son non hai nada que máis me estimule que mellorar nun mundo no que non existen límites nin fronteiras, xa que nos vemos envoltos nunha constante “loita de cerebros” por ser o mellor e gañar un posto digno.

Diana Franco (1ºBac)




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.